A parábola do angazo. Talía teatro

A parábola do angazo é unha obra teatral que pretende aportar unha perspectiva ou coñecemento sobre as cA parábola do angazo - Talia teatro - 39uestións lingüísticas.

Empeza cunha recoñecida lenda do Pai Sarmiento no século XVII, na cal, cun dialogo cheo de humor farán un percorrido por varias anécdotas da historia da nosa lingua, enlazando o noso pasado para explicarnos o noso presente e todo o que resistiu a lingua.

 

 

 

Non pretenden convencer aos galego falantes senón que pretenden facer unha reflexión,  e que sexan conscientes de porque empregan o castelán,  xa que poderíamos empregar a lingua que está no noso entorno que é o galego.

A parábola do angazo - Talia teatro - 273

Día Mundial do Teatro. A parábola do angazo

Hoxe, 27 de marzo, celébrase o Día Mundial do Teatro aínda que nós xa comezamos a celebralo unhas semanas antes.

Así, o pasado martes asistimos no teatro Principal á representación da obra A parábola do angazo da compañía Talía Teatro. Unha comedia premiada co María Casares ao mellor texto teatral orixinal, na que a través de diversas situación cotiás, nos convida a unha fonda reflexión sobre a relación que os galegos temos coa nosa lingua. Rimos, e moito, pero tamén marchamos para a casa cun “recado”,  o de mudar a nosa perspectiva sobre determinados prexuízos.

Esta obra vén seguir a estela doutras dúas obras anteriores: Bicos con lingua, pola que Artur Trillo recibiu o María Casares ao mellor actor, e Pelos na lingua, Premio Max 2012 ao mellor texto teatral, entre outros.  Pero sobre todo, máis alá dos premios “académicos”, recibiron o premio maior: foron vistas por un enorme número de espectadores ao longo dos anos.

Esta mañá tivemos a sorte de contar cun dos autores e actores da obra, Artur Trillo, peza clave na historia do teatro galego das últimas décadas. Fundador da compañía Talía, actor de cine e teatro, director durante 25 anos da Mostra de Teatro de Cee e profesor de teatro nunha morea de concellos. Os alumnos de 2º de bacharelato puideron conversar con el sobre varios temas que están traballando na aula: a sociolingüística, a historia recente do teatro galego e, ademais, sobre o propio oficio de actor. Moitas grazas a Artur e a toda a xente do teatro polos bos momentos que nos fan pasar.

Ligazón ao Manifesto galego do Día Mundial do Teatro 2023:

https://aaag.gal/novas/460/manifesto-galego-teatro-2023

 

 

 

 

A historia do teatro ambulante. O caso de “Barriga verde”

 

Cada ano asistimos ao festival de títeres Galicreques, organizado pola asociación cultural Barriga Verde. O nome desta asociación non é casual, investigamos sobre o personaxe que lle dá nome:

Barriga Verde era o nome artístico de José Silvent Martínez, era un titiriteiro de pura alma galega que, con todo, tiña raíces fóra de Galicia. Naceu en Santa Marta dos Barros (Badaxoz), en 1890, o seu pai francés e a súa nai española. En 1919, despois de varios anos de convivencia, casou con Emerenciana Fernández, veciña de Lérez (Pontevedra), onde viviu os anos máis fecundos da súa existencia. Morreu en 1970 con 80 anos. Aínda que relacionado desde neno coa farándula, o seu pai dedicábase ao espectáculo ambulante, Silvent aprendeu a técnica dos monicreques en Portugal onde estivo, entre 1905 e 1909. O seu monicreque é un monicreque de luva. Simple e vulgar, ousado e burlón, este monicreque de luva foi admirado en vilas e cidades de Galicia e pódese considerar un dos membros máis novos da longa familia de bonecos que xurdiron en Europa a partir do século XVII definidos por certos trazos peculiares tomados de a commedia dell´arte italiana.

 Co seu espectáculo ambulante percorreu festas e romarías, aquí o podemos ver nunha imaxe:

Nosotros en la luna

Nosotros en la luna é unha novela romántica de Alice Kellen, onde grazas ao destino dous xóvenes  crúzanse nas rúas de París. Cada un é dun lugar diferente, Rhys ten moi claro quen é, e o que quere ser,  en cambio Ginger ten demasiadas dudas e inseguridades sobre quen quere ser.

Eles pasan o tempo mandándose emails pero terán que decidir que é o que queren no paso do tempo.

Rebelión na Granxa

Rebelión na Granxa é unha novela corta e satírica de George Orwell, sobre o réximen sovietico de Iósif Stalin.

Na novela o grupo de animais que forma a granxa expulsan a o Señor Jones por tirano (propietario desta) e os animales crean o seu sistema de goberno propio que acaba convertindose noutra tiranía brutal.

Cada animal da Granxa Animal, que é como se vai chamar a partir da expulsión do granxeiro, adoptará un rol, a maioría sen que eles o sepan.

Os porcos, que son os lideres pola súa intelixencia, empezan a dirixir a granxa de a maneira que eles queren e como queren, manipulando así a os outros animais con mentiras e medo, levando todo á máxima explotación.

George Orwell publica 'Rebelión en la granja' - Zenda

Literatura e natureza. Ribeira Sacra

No proxecto da Ribeira Sacra, os alumnos de 3º da ESO centrámonos na relación entre natureza e literatura. Entre os autores da Ribeira Sacra destaca Uxío Novoneyra (Parada, Seoane, 19 de xaneiro de 1930 – Santiago de Compostela30 de outubro de 1999), a súa literatura estaba moi relacionada coa natureza.

Sendo fillo de familia labrega, Folgoso de Caurel foi o principal referente físico dos seus versos, considerados entre os mellores en canto á tamática paisaxística, dentro da literatura galega. A el dedicouse o Día das Letras Galegas de 2010.

Un exemplo:

Prados do río!

Pincheiras a cachón i a fío!

Niste pao sentado

cando viña de neno co gando

facía cintos de xunco

trenzado.

 

Death Note (I)

Todo empeza cando Riuk o shinigami (deuses da morte que deciden a vida dos seres humanos anotando os seus nomes nos seus cadernos de morte) deixa caer un dos seus cadernos ao mundo humano xa que estaba aburrido. Light, o noso personaxe principal, mira dende a ventá do seu instituto e ve caer a libreta, á saída das clases cóllee e empeza a ler as regras comezando por esta: todos os nomes escritos neste caderno morirán pasados 40 segundos, se non se especifica a morte morrerán dun infarto ó corazón. Ao ler esto Light pensa que é unha broma e pasa do tema, ó chegar a casa quedase pensando, prende o televisor e ve unha noticia dun terrorista que invadiu unha gardería e tomou como reféns os nenos máis as profesoras. Ao ver o nome do criminal decide escribilo no seu caderno e ver o que pasaba, ó ver que todos os reens saían pensou que si funcionara, pero tíñao que comprobar.

Pasados 7 días light ía camiñando pola rúa pensando a quén podía asesinar, de repente encontrouse cuns moteiros acosando a unha muller, ao ver esto light escribiu o seu nome e puxo que morrería atropelado por un camión, pasados os 40 segundos, Light ve como o atropelan.

AO chegar á casa Riuk asusta a Light facendo  que caia da súa silla pola súa aparienza , despois do sucedido Riuk explicalle a Light como vai o caderno de morte e que só el pode velo xa que agora é o propietario . Despois Light decide empezar un novo mundo sen maldade, así que decide purgar a todos os criminais do mundo e empézanlle a chamar polo nick :KIRA.