Conta a lenda que hai moitísimo tempo, Deus estaba a crear a terra e cando rematou estaba esgotado. Pois decidiu descansar no Monte de Santa Tegra.
Como ali chovía moito, había moita lama, Deus esvarou monte abaixo: E deixou as fendas das súas mans e enchéronse de auga. Deste xeito creou as Rías.
Ao ver que Deus tiña as mans cheas de lama, sacudiunas e varias boliñas de lama saíron voando ata o mar e formáronse tódalas illas atlánticas como por exemplo as Illas Cíes.