A parábola do angazo é unha obra teatral que pretende aportar unha perspectiva ou coñecemento sobre as cuestións lingüísticas.
Empeza cunha recoñecida lenda do Pai Sarmiento no século XVII, na cal, cun dialogo cheo de humor farán un percorrido por varias anécdotas da historia da nosa lingua, enlazando o noso pasado para explicarnos o noso presente e todo o que resistiu a lingua.
Non pretenden convencer aos galego falantes senón que pretenden facer unha reflexión, e que sexan conscientes de porque empregan o castelán, xa que poderíamos empregar a lingua que está no noso entorno que é o galego.