Cada ano asistimos ao festival de títeres Galicreques, organizado pola asociación cultural Barriga Verde. O nome desta asociación non é casual, investigamos sobre o personaxe que lle dá nome:
Barriga Verde era o nome artístico de José Silvent Martínez, era un titiriteiro de pura alma galega que, con todo, tiña raíces fóra de Galicia. Naceu en Santa Marta dos Barros (Badaxoz), en 1890, o seu pai francés e a súa nai española. En 1919, despois de varios anos de convivencia, casou con Emerenciana Fernández, veciña de Lérez (Pontevedra), onde viviu os anos máis fecundos da súa existencia. Morreu en 1970 con 80 anos. Aínda que relacionado desde neno coa farándula, o seu pai dedicábase ao espectáculo ambulante, Silvent aprendeu a técnica dos monicreques en Portugal onde estivo, entre 1905 e 1909. O seu monicreque é un monicreque de luva. Simple e vulgar, ousado e burlón, este monicreque de luva foi admirado en vilas e cidades de Galicia e pódese considerar un dos membros máis novos da longa familia de bonecos que xurdiron en Europa a partir do século XVII definidos por certos trazos peculiares tomados de a commedia dell´arte italiana.
Co seu espectáculo ambulante percorreu festas e romarías, aquí o podemos ver nunha imaxe: