Historia da sociedade Jules Verne de Vigo

A Sociedade Jules Verne de Vigo, tamén coñecida como Sociedade Verniana de Vigo, iniciou a súa andadura no 2012 da man dunha serie de entusiastas da estreita relación entre a cidade e o escritor de Nantes. Fito fundamental da Sociedade foi o conxunto de eventos celebrados en 2018 con motivo de dous aniversarios: o sesquicentenario da entrada do Nautilus na ría de Vigo; e os 140 anos da primera visita de Verne a Vigo, en 1878. Hai escritores moi coñecidos como Ledicia Costas ou Domingo Villar que forman parte da sociedade Jules Verne de Vigo.

A escritora Ledicia Costas, membro da asociación.

É  tal a fascinacion que provoca este escritor nos seus lectores que hai centos de sociedades Jules Verne: sociedade holandesa,catalana, norteamericana, danesa, alemana, polaca…

Semana cultural Jules Verne.

A finais de febreiro celebramos a Semana Cultural de San Rosendo. Este ano dedicouse a  Jules Verne que era un gran escritor visionario de ciencia ficción e de novelas de aventuras.

As actividades relacionas con el foron:

– unha conferencia que deu un membro da asociación Jules Verne de Vigo que nos explicou a sua relación con Vigo, as visitas que fixo a cidade , o submarinismo que fixo na ria e que apareceu na novela de Vinte mil leguas de viaxe submarina cun dos seus inventos visionarios chamado submarino/Nautilus .

 

– Excursion á illa de San Simón onde nos explicaron que esa illa foi na época do franquismo un cárcere e antes diso un hospital de leprosos onde  paraban os barcos antes de entrar no porto de Vigo para evitar enfermidades.

Vinte mil leguas baixo dos mares - Wikiwand

Persépolis, Marjan Satrapi

Una niña de 9 años que se ha criado en el Irán de la Revolución Islámica, marchándose de su país y dejando a sus padres en el, veremos como se adapta a un país totalmente diferente y el como se adapta, dándose cuenta de las diferencias culturales  y de como pueden ser llevadas con dignidad, siempre que se haga en libertad y el respeto. Se trata de un relato autobiográfico.

Na imaxe, a tradución ao galego de Rinoceronte Editora

FRIDA KAHLO, una biografía

 

 ¿Cuál es la pintura más importante de Frida Kahlo?
Hay una obra que es considerada la más sobresaliente: Las dos Fridas. En 1926 Frida Kahlo pinta su primer autorretrato. Tendría para entonces 19 años de edad y sufría las consecuencias del grave accidente que la dejó mucho tiempo postrada en cama. Durante ese tiempo, Frida no podía ver más que el techo de su habitación. Su madre, conmovida, diseñó para ella un caballete especial, que le permitiría pintar acostada. A un lado del caballete, sujetó un espejo, de manera que Frida podía al menos verse a sí misma. Fue así que Frida Kahlo comenzó a autorretratarse. Este sería el cuadro que daría inicio a su indagación personal.

frida en cama

Foto real de Frida pintando en la cama

FLORENCIO DELGADO. Referencias literarias

Os alumnos de 1º de bacharelato repasamos algúns temas de literatura vistos ao longo do curso a partir deste poema de Florencio Delgado:

Os Gaiteiros de Montgomery

Gaiteiros de Montgomery, irmáns na raza anterga:
Un ensoño saudoso de verdes e de névoas
-druidicas lembranzas, follosas carballeiras-
ao deserto, adugades, de queimantes areias

Netos d’El-Rei Artur o da baruda leenda,
o da táboa redonda, de tradición enfesta,
en tempo de alborada, con áres de muiñeira,
o Atlántico levades á enxoita motira terra.
O Atlántico alteiroso de frondentes ribeiras
-berce a arrolar outrora razas circias e rexas;
alcouve de guerreiros de alma sempre ergueita-
que Breogán, noso pai, coas súas proas fendera.

Dos salseiros e vagas, das bruantes tormentas,
dos carreiros de escuma que á América avencellan
e inquedos verdes agros, lecer para as sereias,
solar ande percuran a Atlántida as estrelas.

O Atlántico levades e co el, ás irtas terras
de historia carregadas que o mar crásico berza,
de vida ceibe e nobre unha baril promesa
e a semente espallades da liberdade esgrevia.

Saúdo de agarimo pra vós, gaiteiros celtas,
homes lanzáis e fortes de louras cabeleiras,
oasis de saudade na Canago deserta:
¡Gaiteiros de Montgomery, irmáns na raza anterga!

Traballamos neste poema a Materia de Bretaña (estudada na prosa medieval) , celtismo (estudado no Rexurdimento) ou o mito da Atlántida.

                         

Florencio Delgado

Estivemos facendo un traballo sobre Florencio Delgado sobre o léxico relacionado co viño como: lagar, vidra, mencía, furancho, cepa, pipa, bagazo, acio…FlorencioDelgado - Twitter Search / Twitter

Este autor é da ribeira do Sil, concretamente do Barco de Valdeorras e dedícalle á súa terra varios poemas, xa que a viticultura é unha actividade propia desa zona (a vendima heroica).

Tamén falamos do deus Dioniso, deus que vén de Grecia, falamos del porque era o deus da festa, viño, teatro e da fertilidade. Xa que Florencio Delgado era poeta, escritor e os seus poemas eran sobre o viño, por iso nomeamos a Dioniso.

 

Letras Galegas. “As palabras de Florencio”

Como todos os anos, rematamos o curso coas actividades que xiran arredor do Mes das Letras Galegas. Este ano Florencio Delgado Gurriarán foi o protagonista. Hai varias semanas que os nosos corredores están documentados cunha exposición biográfica e biblográfica, que o noso alumnado foi enriquecendo coas súas achegas.

Os primeiros en facelo foron os alumnos e alumnas de 1º da ESO que, seguindo as numerosas mostras de poesía paisaxística de Florencio Delgado, elaboraron un compendio de léxico da paisaxe natural, titulado “As palabras de Florecio”.

A Florencio Delgado coñéceselle como “O poeta do viño” porque retrata en moitos dos seus poemas todo o mundo que rodea a vendima e o prezado viño da súa Valdeorras natal e das ribeiras do Sil en xeral. É por isto que os rapaces de 2º da ESO están centrados no. extenso léxico ligado a este tema, de longa tradición na historia da literatura universal.

O labor de activista cultural que Florencio Delgado Guarriarán desenvolveu no exilio é o tema tratado polo grupo de 4º da ESO. Tralo traballo de investigación sobre a situación sociolingüística,plasmárono nunha actividade de “Compara e contrasta”. En dous paneis reflíctese a diferente situación que vivía a lingua e a cultura en lingua galega na posguerra en Galicia e no exilio americano, nomeadamente en México, onde o noso autor se instalou. O alumnado de 4º  vai comparando e contrastando as diferentes situacións: as normas legais contra a nosa lingua ditadas polo franquismo fronte á denuncia ante a UNESCO presentada polos exiliados; da inexistente publicación de obras literarias ou celebración de actos públicos na nosa lingua á frenética actividade cultural en Buenos Aires, La Habana ou Veracruz; das multas por desenvolver determinadas actividades en lingua galega, como as misas, á celebración da primeira misa en galego, aprobada polo cardeal Quiroga Palacios. Historias que teñen que ver coa propia vida do noso centro pero tamén con Florencio Delgado, do que se conta a profunda emoción coa que asistiu á súa primeira misa na lingua propia.

           

Pola súa banda, o alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato centráronse nas referencias á literatura universal e galega presentes na poesía do autor, desde Homero á materia artúrica ou ao celtismo, así como as súas traducións de autores franceses e ingleses. 

Domingo Villar

Veño a falar sobre Domingo Villar, porque recentemente, a literatura galega e toda Galicia, sufriu a súa perda, debido a un infarto cerebral.

Na actualidade era un dos máis grandes escritores galegos, coñecido no mundo grazas ás súas grandes novelas negras, as cales nos marabillaban e nos daban esa intriga do que ía pasar en cada momento.

Co seu gran Leo Caldas, que exerce de inspector de policía en Vigo e que tamén é locutor nun programa de radio. Con esa personalidade reflexiva, que fai que, cada caso para el sexa un puzzle que pouco a pouco hai que resolver.

É un escritor moi leído en unha boa cantidade de países angloxasóns e nórdicos, que teñen unha grande afición pola lectura de novelas negras/ policiacas.

Dende a súa morte estanse oficiando unha serie de homenaxes a el e á súa obra, nas que se adican a ler fragmentos das súas obras. Por exemplo, o martes 13 de Xuño, ás oito da tarde, haberá en Santiago de Compostela unha destas homenaxes, onde se estarán durante unhas horas lendo a súa obra.

Un grande escritor que doe moito a súa perda.

Merlín e familia.

Álvaro Cunqueiro, o autor.

A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo.

A Materia de Bretaña, denominada ás veces ciclo artúrico ou ciclo bretón, é unha temática literaria que trata sobre o Rei Arturo e os cabaleiros

da táboa redonda que van á busca do Santo Graal. É unha das temáticas que máis libros produciu na literatura universal. Álvaro Cunqueiro publicou Merlín e familia en pleno século XX, con personaxes da materia de Bretaña como o propio Merlín.

O Dereito á Preguiza

Hoxe, un día de calor, toáabame ir a clase pola tarde e pensando na preguiza que nos daba atender, a nosa profesora de galego recomendoume un libro que trataba sobre o dereito a esta.

O Dereito á preguiza é un ensaio dun autor francés chamado Paul Lafargue .

Paul Lafargue, Le Droit à la paresse (Maitrier).jpg

Paul naceu no 1842, foi un xornalista, médico, político e revolucionario francés.

Neste libro defendese o soño, a abundancia do goze e a liberación da escravitude de traballo, para explicar mellor a doutrina marxista entre a clase obreira do seu tempo.