Literatura e natureza. Ribeira Sacra

No proxecto da Ribeira Sacra, os alumnos de 3º da ESO centrámonos na relación entre natureza e literatura. Entre os autores da Ribeira Sacra destaca Uxío Novoneyra (Parada, Seoane, 19 de xaneiro de 1930 – Santiago de Compostela30 de outubro de 1999), a súa literatura estaba moi relacionada coa natureza.

Sendo fillo de familia labrega, Folgoso de Caurel foi o principal referente físico dos seus versos, considerados entre os mellores en canto á tamática paisaxística, dentro da literatura galega. A el dedicouse o Día das Letras Galegas de 2010.

Un exemplo:

Prados do río!

Pincheiras a cachón i a fío!

Niste pao sentado

cando viña de neno co gando

facía cintos de xunco

trenzado.

 

Deixa unha resposta