A lenda de Brigantia

O outro día, tivemos que facer un traballo sobre un “tesouro Galego” dentro do proxecto.

Había tesouros materiais como Castros, dolmenes, ouro, pero tamén inmateriais como as lendas. A min tocoume falar de Brigantia.

A lenda de Brigantia, aínda que tamén podemos considerala un mito, ya que inclúe personaxes ficticios, conta a fundación da cidade hoxe en día chamada A Coruña.

Conta a lenda que Breogán, fillo de Brath, foi o caudillo Celta que someteu as tribos de España. Tras conquistar todo o territorio, fundou a cidade de Brigantia(A coruña) e construíu xunto a ela unha torre, chamada torre de Breogán. A súa morte, sucedeuno o seu fillo Ith, quen ao ver dende o alto da torre as terras de Irlanda, partiu a conquistalas. Sen embargo, a empresa fracasou, Ith morreu e o seu corpo foi devolto a Brigantia, onde foi soterrado. O testigo foi recollido polo seu fillo Mil, quen intentou de novo a conquista de Irlanda, esta vez con éxito.

A difusión desta lenda foi impulsada no século XVII polos colexios Irlandeses que se asentaron en España, en concreto en Santiago de compostela, que tivo un papel relevante pola súa proximidade a cidade herculina. Pasado un tempo, o relato quedou no olvido, al menos en Galicia, ata que no século XIX recuperouno a corrente Celtista encabezada por escritores como Manuel Murguía e Eduardo Pondal. Polo contrario, o mito en Irlanda mantuvose vivo.

Free tour Torre de Hércules A Coruña | WE Galicia | Free tours y visitas guiadas

Deixa unha resposta