Death Note (I)

Todo empeza cando Riuk o shinigami (deuses da morte que deciden a vida dos seres humanos anotando os seus nomes nos seus cadernos de morte) deixa caer un dos seus cadernos ao mundo humano xa que estaba aburrido. Light, o noso personaxe principal, mira dende a ventá do seu instituto e ve caer a libreta, á saída das clases cóllee e empeza a ler as regras comezando por esta: todos os nomes escritos neste caderno morirán pasados 40 segundos, se non se especifica a morte morrerán dun infarto ó corazón. Ao ler esto Light pensa que é unha broma e pasa do tema, ó chegar a casa quedase pensando, prende o televisor e ve unha noticia dun terrorista que invadiu unha gardería e tomou como reféns os nenos máis as profesoras. Ao ver o nome do criminal decide escribilo no seu caderno e ver o que pasaba, ó ver que todos os reens saían pensou que si funcionara, pero tíñao que comprobar.

Pasados 7 días light ía camiñando pola rúa pensando a quén podía asesinar, de repente encontrouse cuns moteiros acosando a unha muller, ao ver esto light escribiu o seu nome e puxo que morrería atropelado por un camión, pasados os 40 segundos, Light ve como o atropelan.

AO chegar á casa Riuk asusta a Light facendo  que caia da súa silla pola súa aparienza , despois do sucedido Riuk explicalle a Light como vai o caderno de morte e que só el pode velo xa que agora é o propietario . Despois Light decide empezar un novo mundo sen maldade, así que decide purgar a todos os criminais do mundo e empézanlle a chamar polo nick :KIRA.

Deixa unha resposta