Ás veces a lectura lévanos a interesarnos por cousas novas, neste caso un compañeiro noso aprendeu xaponés para poder ler na súa lingua de orixe esta serie de comics que tanto lle gustan. El mesmo nolo conta.

Ás veces a lectura lévanos a interesarnos por cousas novas, neste caso un compañeiro noso aprendeu xaponés para poder ler na súa lingua de orixe esta serie de comics que tanto lle gustan. El mesmo nolo conta.

Neste 23 de abril, Día do Libro, lémbrome das palabras de García Lorca sobre a necesidade de saber, “medio pan e un libro”. Forman parte do discurso lido na inauguración da biblioteca do seu pobo natal, Fuente Vaqueros (Granada), en setembro do ano 1931.
.
Este ano a Real Academia das Artes Galegas adica o Día das Artes a Luís Seoane. Ademais da súa faceta como escritor, Seoane tivo moitas outras: pintor, muralista, gravador, fundador, xunto con Díaz Pardo, do Laboratorio de formas de Galicia e Sargadelos, etc.
Como mostra da súa sensibilidade, déixovos esta peza audiovisual que o Consello da Cultura Galega realizou sobre unha das súas obras: Emigrante.
Deixádeme que vos achegue hoxe, día da poesía, uns versos do “Poeta”, do cego de Quíos, de Homero. Son as palabras coas que Glauco, incomodado, lle replica a Diomedes no canto VI da Ilíada cando lle pregunta pola liñaxe dos homes:
οἵη περ φύλλων γενεὴ τοίη δὲ καὶ ἀνδρῶν.
φύλλα τὰ μέν τ᾽ ἄνεμος χαμάδις χέει, ἄλλα δέ θ᾽ ὕλη
τηλεθόωσα φύει, ἔαρος δ᾽ ἐπιγίγνεται ὥρη·
ὣς ἀνδρῶν γενεὴ ἣ μὲν φύει ἣ δ᾽ ἀπολήγει.
Segundo a xeración das follas, así a dos homes.
Espalla o vento as follas polo chan, e a selva,
enverdecendo, produce outras ao chegar a primavera;
da mesma sorte, unha xeración humana nace e outra fenece.
E véñenme á idea tamén aqueles versos que, moitos anos despois, escribía Antonio Machado “A un olmo seco”. Neles resoan as palabras do mestre Homero:
Al olmo seco, hendido por el rayo
y en su mitad podrido,
con las lluvias de abril y el sol de mayo,
algunas hojas verdes le han salido.
¡El olmo centenario en la colina
que lame el Duero! Un musgo amarillento
le mancha la corteza blanquecina
al tronco carcomido y polvoriento.
No será cual los álamos cantores
que guardan el camino y la ribera,
habitado de pardos ruiseñores.
Ejército de hormigas en hilera
va trepando por él, y en sus entrañas
urden sus telas grises las arañas.
Antes que te derribe, olmo del Duero,
con su hacha el leñador, y el carpintero
te convierta en melena de campana,
lanza de carro o yugo de carreta;
antes que rojo en el hogar, mañana,
ardas de alguna mísera caseta,
al borde de un camino;
antes que te descuaje un torbellino
y tronche el soplo de las sierras blancas;
antes que el río hasta la mar te empuje
por valles y barrancas,
olmo, quiero anotar en mi cartera
la gracia de tu rama verdecida.
Mi corazón espera
también, hacia la luz y hacia la vida,
otro milagro de la primavera.
Cantounas tamén Joan Manuel Serrat. E son boas para pensar como vivimos e para que vivimos.
Hoxe, 21 de marzo, celébranse o Día Mundial da Poesía e o Día Internacional dos Bosques, casualidade? Eu non o creo. Hai moito tempo, moito antes de que estas celebracións existisen, Rosalía de Castro, a nosa Rosalía, xa xuntou ambas neste poema que le Aitana Sánchez Gijón.
Convídovos a ver esta curtametraxe na que o actor Elio González (que seguro que vos soa dalgunha serie) invita ao espectador a que reflexione…
Os alumnos de 2º ESO estiveron lendo esta temporada a novela Valdemuller, gañadora do Premio O Barco de Vapor e levada ao teatro polo Centro Dramático Galego hai uns anos. Mina cumpre quince anos e a súa familia organiza unha festa na que a rapaza recibe un fermoso e estraño colgante en forma de estrela. Que pasou despois?
que nolo conten os seus lectores…
Como se se tratase dun cesto de cereixas, dunhas lecturas saen outras. O título Tristes armas tómao a súa autora, Marina Mayoral, do poema Tristes guerras de Miguel Hernández. Algún alumno de 4º tivo a iniciativa de ler a poesía de Miguel Hernández e pode contarnos as súas impresións.
Tristes guerras
si no es amor la empresa.Tristes. Tristes.
Tristes armas
si no son las palabras.Tristes. Tristes.
Tristes hombres
si no mueren de amores.Tristes. Tristes.
Cancionero y romancero de ausencias.
Poesías completas.
Os alumnos de 4º da ESO leron nesta avaliación o libro de Marina Mayoral Tristes armas. Nel cóntase a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, que deben aprender a vivir separadas da súa familia e da súa patria nun contexto histórico terrible.
.

A recente Semana Cultural tivo como fío condutor o Pórtico da Gloria e a súa época histórica. Nas clases de literatura estivemos rastrexando os variados escritores que ao longo da historia quedaron fascinados pola beleza do Pórtico, entre eles Rosalía de Castro, Julio Llamazares, Jorge Luís Borges… Aquí deixamos unha pequena mostra do traballo feito nas clases de 2º e 3º da ESO.