One piece

Ás veces a lectura lévanos a interesarnos por cousas novas, neste caso un compañeiro noso aprendeu xaponés para poder ler na súa lingua de orixe esta serie de comics que tanto lle gustan. El mesmo nolo conta.

2 pensamentos sobre “One piece”

  1. One Piece é un manga escrito e debuxado por Eiichiro Oda . Na súa historia cóntanos como o protagonista Monkey.D.Luffy emprende a súa viaxe para convertirse en rei dos piratas,co obxetivo de ser a persoa máis libre do mundo . Na súa viaxe terá que buscar compañeiros que se unan á súa tripulacion pirata(Los sombrero de paja) e xunto a eles ir derrotando a outros piratas e enfrentarse á marina e ao goberno mundial para facerse máis forte e chegar a “Raftel” a última illa no mundo de One Piece á cal só chegou unha única persoa,Gold.D.Roger, o primeiro rei pirata.
    Actualmente One Piece conta con 940 capitulos de manga(seguen saíndo capítulo todos os domingos) , un anime con 881 capitulos e 5 películas.
    É unha serie emocionante que recomendo ver a todos aqueles que lles gusten os xéneros de aventura e peleas.

  2. Encántanme os mangas e os animes, aínda que “One Piece” é e seguirá sendo un dos meus favoritos. A todos os que lles gustan os mangas e os animes coñecen a Luffy e todos soñamos algunha vez con poder encontrarnos a mesma froita do demo que este e ter as habilidades do “Gomu Gomu”. Gústame moito Luffy pero o meu preferido é Zoro.

Deixa unha resposta