Este ano a Real Academia das Artes Galegas adica o Día das Artes a Luís Seoane. Ademais da súa faceta como escritor, Seoane tivo moitas outras: pintor, muralista, gravador, fundador, xunto con Díaz Pardo, do Laboratorio de formas de Galicia e Sargadelos, etc.
Como mostra da súa sensibilidade, déixovos esta peza audiovisual que o Consello da Cultura Galega realizou sobre unha das súas obras: Emigrante.