Convídovos a ver esta curtametraxe na que o actor Elio González (que seguro que vos soa dalgunha serie) invita ao espectador a que reflexione…
2 pensamentos sobre ““Mortos de fame””
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.
Eu opino que este vídeo é moi bo, sobre todo a intención que ten de incentivar o mérito e traballo que hai detrás de cada canción, obra teatral ou película, xa que a maioría da xente parece que non é consciente disto.
Neste video nárrase a realidade que vive a nosa sociedade, unha realidade penosa onde soamente lle damos importancia ao que estea ben visto socialmente.
E a partir de aquí xúrdeme unha dúbida, ¿ Que é o que está ben visto socialmente? Os cánones que nos impuxo esta sociedade son os que seguirán sendo vixentes ata que sexamos unha sociedade cosmopolita no que todos sexamos iguais onde todas as profesións, todos os hobbies sexan respectados, e que un avogado, un notario ou mesmo un notario sexa moito máis valorado que un barrendeiro, un carteiro ou un peón que traballa de sol a sol nunha fábrica, que o que escoite a Mozart ou a Vivaldi sexa xente culta, con estudos xente con estabilidades e que os que escoiten Rap, Rock teña que ser xente sen estudes, tola sen ninguna estabilidade e sen sentido. Non é así, todos somos iguais. Pero se esta sociedade non cambia seguiremos sendo diferentes.
E por último, sempre dixen que me gustaria vivir na aldea, seguir vivindo onde vivo, poder levantarse encontrarse cos teus veciños, falar, intercambiar opinións, irlle timbrar á veciña porque precisas axuda, vivir en comunidades, e parece que hai algo que se está perdendo, porque vivir nos pobos é o mellor que hai, ser o rapaz da aldea é o mellor que todos os veciños che coñezan por decirlle de quen es neto á cara, e non a través dunha pantalla dun teléfono móbil, comunicarnos cara a cara,non nos deixemos enganar porque nunca vai haber nada mellor que unha boa conversa.