E os amigos invisibles fixéronse visibles e os libros chegaron. E nalgúns casos moi acertadamente!









E os amigos invisibles fixéronse visibles e os libros chegaron. E nalgúns casos moi acertadamente!









Dentro das actividades do Mes das Letras quixemos celebrar o 25 aniversario do Xabarín Club, dado o seu innegable papel na normalización lingüística e na promoción do galego en ámbitos como a música ou a banda deseñada. Fundamentalmente centrada na música estivo a charla que deu o actor Manuel Manquiña, que viviu en primeira persoa o nacemento e auxe do Clube.
Pero se o que queredes é ler e afondar sobre o que significou para varias xeracións recomendamos o número especial que a Revista Luzes publicou no mes de decembro pasado. Lembrar tamén que o pasado 11 de maio foille entregada a dita revista o Premio Xornalismo Cultural na Gala do Libro 2019.

Con motivo do Día das Letras Galegas desenvolvemos no Seminario múltipes actividades arredor da figura de Antonio Fraguas. Tivemos con nós a D. Clodio González, compañeiro seu, director do Museo do Pobo Galego e contounos, entre outras cousas, que o seu labor xirara fundamentalmente arredor da etnografía e da cultura popular en xeral. No que ten que ver coa literatura compilou lendas e cantigas e populares como a que aquí vos amosamos.


A Biblioteca da Universidade de Santiago (BUSC) ten un blog adicado á figura e á obra de Antonio Fraguas Fraguas, ao que se homenaxea no día das Letras galegas 2019. Fai un percorrido pola súa vida e pola súa obra con atención especial á relación que mantivo coa Universidade e pódese acceder a través da ligazón https://letrasga2019.wordpress.com/

Os alumnos de 4º ESO , 1º e 2º de Bacharelato están estes días pensando en libros. Aceptaron participar nun xogo: despois de facer un sorteo, cada un debe mercar un libro a un compañeiro sen que este o saiba. Polo tanto, deben adicar un tempo a pensar cal é o libro acaído, cal lle pode gustar máis. Proximamente comprobaremos se acertamos
No Seminario Menor estamos inmersos no Mes das Letras. Do 23 de abril, Día do Libro ao 17 de maio, Día das Letras Galegas, moita da actividade do Centro xira en torno ao libro, a literatura e a normalización da lingua galega nun sentido amplo. Visitas a bibliotecas, xogos de pistas literarios, exposición de libros, de fotografías, o amigo invisible, os 25 anos do Xabarín, os 40 da revista Encrucillada… E tamén, como non, afondamos na figura homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas: Antón Fraguas.

Neste curso puidemos asistir a unha exposición sobre esta obra mestra da oratoria. A cada un de nós fóisenos entregado un exemplar, e agora chegan os comentarios.

Para entender a sociedade e a relación coa lingua é bo coñecer algúns datos. Así o fixo Esteban Mirás

Unha das mellores obras de ciencia ficción e ao mesmo tempo tan actual. Luís cóntanos de qué vai.

Do intercambio de títulos entre profes e alumnos xorde esta lectura. Dona María prestoulle este libro a Xoán e cóntanos o moito que lle gustou.