Valdemuller

Os alumnos de 2º ESO estiveron lendo esta temporada a novela Valdemuller,  gañadora do Premio O Barco de Vapor e  levada ao teatro polo Centro Dramático Galego hai uns anos. Mina cumpre quince anos e a súa familia organiza unha festa na que a rapaza recibe un fermoso e estraño colgante en forma de estrela. Que pasou despois?

que nolo conten os seus lectores…

3 pensamentos sobre “Valdemuller”

  1. Valdemuller é un libro moi interesante para rapaces de 2º da E.S.O. Porque é un libro cunha historia intrigada e a protagonista é unha rapaza de 15 anos (a nosa idade).
    É un libro moi interesante que vai sobre unha unha rapaza que ten un problema coa súa familia e a ela lle intriga e investiga sobre o que pasou coa súa familia, recomendo botarlle un ollo, gustarache.

  2. Valdemuller é un libro que trata dunha familia que lle gusta a festa dos 15 anos. A protagonista é una nena chamada Mina. O agasallo que máis lle gustou foi o de una tía avoa chamada Estrela. Mina e a súa avoa, cando ollaban un álbum de fotos sempre pasaban dúas follas xuntas, pois nesas follas non había nada.
    Segue falando dos problemas que tivo Estrela coa súa irman por culpa do seu amor, e máis dos problemas que tivo Mina para atopala e coñecela.

  3. Este libro gustoume moito por que é un libro moi entretido, a min costoume para de ler cando tiña que ir a cear, sempre intentaba ler pouco pero acababa lendo dous ou tres capitulos, por que metiame na historia como un dos intengrantes. O libro é un libro que llo recomendaría a moitos lectores de segundo da eso por que a protagonista ten os mismo anos ca nós (quince anos). O libro vai sobre unha familia que lle gusta celebrar a festa dos quince anos dunha maneira especial, montando unha festa con toda a familia, pero a protagonista non é coma as outras oersoas si non que ela é moi diferente ela non quere poñerse un vestido coma as outras mulleres da familia, ela foi coma unha nena normal a sua festa para disfrutala mellor. Pero a nosa protagonista recibe un agasallo dunha persoa que nin a sua familai acorda, e a nosa protagonista quere coñecela en persoa e metese nunha aventura na que comete moitos errores pero ao final saelle ben e coñecea perfectamente e vaina ver mais veces na sua vida

Deixa unha resposta