Luís Seoane. Día das Artes Galegas

Este ano a Real Academia das Artes Galegas adica o Día das Artes a Luís Seoane. Ademais da súa faceta como escritor,  Seoane tivo moitas outras: pintor, muralista, gravador, fundador, xunto con Díaz Pardo, do Laboratorio de formas de Galicia e Sargadelos, etc.

Como mostra da súa sensibilidade, déixovos esta peza audiovisual que o Consello da Cultura Galega realizou sobre unha das súas obras: Emigrante.

De Homero a Machado no Día da Poesía

Deixádeme que vos achegue hoxe, día da poesía, uns versos do “Poeta”, do cego de Quíos, de Homero. Son as palabras coas que Glauco, incomodado, lle replica a Diomedes no canto VI da Ilíada cando lle pregunta pola liñaxe dos homes:

 

οἵη περ φύλλων γενεὴ τοίη δὲ καὶ ἀνδρῶν.

φύλλα τὰ μέν τ᾽ ἄνεμος χαμάδις χέει, ἄλλα δέ θ᾽ ὕλη

τηλεθόωσα φύει, ἔαρος δ᾽ ἐπιγίγνεται ὥρη·

ὣς ἀνδρῶν γενεὴ ἣ μὲν φύει ἣ δ᾽ ἀπολήγει.

 

Segundo a xeración das follas, así a dos homes.

Espalla o vento as follas polo chan, e a selva,

enverdecendo, produce outras ao chegar a primavera;

da mesma sorte, unha xeración humana nace e outra fenece.

 

E véñenme á idea tamén aqueles versos que, moitos anos despois,  escribía Antonio Machado “A un olmo seco”. Neles resoan as palabras do mestre Homero:

 

Al olmo seco, hendido por el rayo

y en su mitad podrido,

con las lluvias de abril y el sol de mayo,

algunas hojas verdes le han salido.

¡El olmo centenario en la colina

que lame el Duero! Un musgo amarillento

le mancha la corteza blanquecina

al tronco carcomido y polvoriento.

No será cual los álamos cantores

que guardan el camino y la ribera,

habitado de pardos ruiseñores.

Ejército de hormigas en hilera

va trepando por él, y en sus entrañas

urden sus telas grises las arañas.

Antes que te derribe, olmo del Duero,

con su hacha el leñador, y el carpintero

te convierta en melena de campana,

lanza de carro o yugo de carreta;

antes que rojo en el hogar, mañana,

ardas de alguna mísera caseta,

al borde de un camino;

antes que te descuaje un torbellino

y tronche el soplo de las sierras blancas;

antes que el río hasta la mar te empuje

por valles y barrancas,

olmo, quiero anotar en mi cartera

la gracia de tu rama verdecida.

Mi corazón espera

también, hacia la luz y hacia la vida,

otro milagro de la primavera.

 

Cantounas tamén Joan Manuel Serrat. E son boas para pensar como vivimos e para que vivimos.

Día Mundial da Poesía

Hoxe, 21 de marzo, celébranse o Día Mundial da Poesía e o Día Internacional dos Bosques, casualidade? Eu non o creo. Hai moito tempo, moito antes de que estas celebracións existisen,  Rosalía de Castro, a nosa Rosalía, xa xuntou ambas neste poema que le Aitana Sánchez Gijón.

Valdemuller

Os alumnos de 2º ESO estiveron lendo esta temporada a novela Valdemuller,  gañadora do Premio O Barco de Vapor e  levada ao teatro polo Centro Dramático Galego hai uns anos. Mina cumpre quince anos e a súa familia organiza unha festa na que a rapaza recibe un fermoso e estraño colgante en forma de estrela. Que pasou despois?

que nolo conten os seus lectores…

Tristes armas, Miguel Hernández

Como se se tratase dun cesto de cereixas, dunhas lecturas saen outras. O título Tristes armas tómao a súa autora, Marina Mayoral, do poema Tristes guerras  de Miguel Hernández. Algún alumno de 4º tivo a iniciativa de ler a poesía de Miguel Hernández e pode contarnos as súas impresións.

Tristes guerras
si no es amor la empresa.

Tristes. Tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.

Tristes. Tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.

Tristes. Tristes.

Cancionero y romancero de ausencias.
Poesías completas.