Neste proxecto puidemos ver como as historias son como cereixas nun cesto, nunca sae unha soa. Despois de estudar a obra As mil e unha noites, fixemos unha actividade sobre este libro, Se o vello Simbad volvese ás illas. É unha obra narrativa en galego, escrita por Álvaro Cunqueiro, publicada en 1961. O personaxe principal está tomado do relato Simbad o Mariño do libro As mil e unha noites pero Cunqueiro sitúao pasando a súa vellez nunha vila mariñeira de Galicia.
No caso de Simbad, hai moitas pistas que lembran á Odisea escrita en Grecia séculos antes por Homero. Historias enleadas como cereixas nun cesto. tamén se fixo anos despois unha adaptación teatral, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por un antigo alumno do nosos centro, Xosé Olveira “Pico”.