Proxecto “Cos pés na terra”. Oliveira dos cen anos

 

A revista norteamericana Rolling Stone, na listaxe que tradicionalmente publica a finais de ano coas 100 cancións que marcaron o ano, inclúe no quinto lugar a Oliveira dos cen anos, o Himno do Celta.

https://www.youtube.com/watch?v=d_6f0JQOfM8

Os nosos alumnos de 3º da ESO alegraranse, xa que a coñecen ben.

Máis alá da súa innegable calidade artística e musical,  fixeron unha análise profunda do tema e foi punto de partida para estudar boa parte da literatura galega do 1º trimestre, encadrada no proxecto “Cos pés na terra”.

Tendo como referencia o texto da canción, estudaron, por unha banda, a literatura popular.

Desde as lendas que narran a formación das rías e illas do Atlántico, tan presentes no vídeo que acompaña o lanzamento do himno, á historia que explica que a oliveira sexa o símbolo de Vigo ou o estudo da estrofa poética mais común na lírica tradicional, a copla.

 Así mesmo, rastrexamos as distintas referencias á literatura culta, nomeadamente as cantigas de amigo de Martín Codax, ou versos que nos lembran algún poema de Rosalía de Castro.

Hai uns días o himno acadou os tres millóns de reproducións en You Tube pero os nosos alumnos recomendaban, sobre todo, escoitalo no campo de Balaídos cantado pola afección, é realmente emocionante, sexas ou non do Celta.

Deixa unha resposta