Yo Julia , Y Julia retó a los Dioses

Estos son os libros que acabo de ler agora. É a historia  dunha  muller na Roma do século II, que loita, nun mundo onde as mulleres non pintan moito, para que o seu home Septimio Severo, chegue a Emperador de Roma, e para perpetuar unha dinastía.

É unha novela entretida porque mezcla todos os datos históricos da Roma antiga ( batallas, territorios..) con intrigas para acadar o poder.

O seu autor é Santiago Posteguillo, que recibiu o Premio Planeta en 2018 con Yo, Julia.

Sete Caveiras. Elena Gallego

A xornalista Marta Vilas vai paseando polo peirao do porto de Berbés, en Vigo, facendo unhas fotos, cando ve algo flotando na auga, fíxase ben e ve que é o corpo dun motorista ao que lle pegaran un tiro.  Ela mete a man no peto e ve que ten un boneco de Famobil dun motorista . Cólleo e lévao con ela . Vai ao xornal para pedirlle ao seu xefe que lle dea a exclusiva do suceso.

Durante esa semana vai sucedendo un asesinato todos os días , e a carón de cada cadáver vai aparecendo un boneco de Famobil coa profesión de cada un dos que eran asasinados. A Marta chéganlle unhas cartas de alguén que é o asasino que lle vai dando pistas sobre os crimes .

Todos os asasinados tiñan algo común , era o seu pasado, eran amigos e cando eran mozos andaban na movida de Vigo, entre drogas. Marta investigou e descubriu que todos estaban relacionados cun suceso dramático do pasado que rematara co suicidio dunha adolescente.

A autora é Elena Gallego Abad, coñecida tamén por ser a autora das novelas de literatura fantástica Dragal. Esta novela gustoume porque a trama non se descubre, quen é o asasino, aínda que a periodista sábeo non ten probas suficientes para descubrir quen é. Este montou tan ben o seus crimes que non encontraban probas para culpalo, pois tiña moi boas coartadas.

Con ocasión do Día do Libro vénseme á memoria unha obra que caeu nas miñas mans haberá tres ou catro anos. Trátase da obra Azules son las horas, de Inés Martín Rodrigo.

A propósito dunha nova viaxe a Polonia, tiven  a oportunidade de visitar unha comunidade de monxes bieitos na provincia de Póznan. Cando nos dispoñiamos a marchar achegouse ata nós un monxe cuasi centeneario que nos falou en castelán da súa avoa, oriunda da Coruña. Meses máis tarde, sen saber moi ben cómo, unha sobriña deste monxe, que residía en Berlín, fíxome chegar por correo postal este libro que narra a vida da avoa do monxe en cuestión: Sofía Casanova, primeira corresponsal de guerra da historia.

Nada máis abrir o libro mencionáronse tres lugares que son moi significativos na miña vida: Praceres (Pontevedra), Culleredo e as Carmelitas da Coruña. Interpreteino como unha especie de sinal a favor do interesante que podería resultar esta lectura… e así foi.

Sofía Casanova pasa os primeiros anos da súa vida en Galicia. Tras ser abandonada por seu pai, Sofía e a súa familia trasládanse a Madrid. Co paso dos anos, convértese nunha interesante e culta muller que chega a frecuentar a corte de Alfonso XII. Nese ambiente, coñece e casa cun polaco que a levará primeiro ata París e, finalmente, ata Polonia, onde se establecen.

A pesar da distancia, nunca deixou de colaborar a través de distintas columnas co periódico ABC, facéndose así testemuño presencial e altavoz dos horrores da Primeira Guerra Mundial en Europa.

Azules son las horas convértese no estribillo que dá sentido ao ton novelesco co que a propia Sofía, xa anciá e case cega, rememora as súas aventuras ao longo deste libro.

                                                                                                                        Santiago Romero

A arte da guerra. Sun Tzu

Este gran libro foi escrito polo xeneral e estratega militar Sun Tzu (mestre Sun) hai arredor de 2.500 anos na antiga China. Nel dá consellos dende o seu punto de vista para resolver e xestionar batallas e así poder gañalas.

Recomendo esta obra de estratexia porque aínda que ten miles de anos e pode parecer desfasada e obsoleta, ten moita relevancia para resolver problemas na actualidade e tamén ten a capacidade de ser aplicado en moitos ámbitos da vida, como por exemplo na área empresarial e de negocios.

É un libro moi fácil de ler e é moi breve. A idea principal desta obra é a importancia de vencer sen loitar e intentando enganar ao inimigo. Para altos cargos militares e políticos foi moi importante para ter éxito coma dirixentes, como por exemplo Napoleón Bonaparte, Nicolás Maquiavelo e Mao Zedong.

O hobbit

O hobbit foi escrito polo autor británico de orixe surafricana J.R.R. Tolkien, creador tamén das  novelas O Señor dos Aneis e O Silmarillion. É coñecido popularmente coma o “pai” da literatura fantástica moderna.

Eu lin este libro porque mo regalaron a raíz de ver as películas, gustoume moito porque é un libro que te engancha, tamén porque xa me gustara moito a película. Recomendo ler este libro porque é moi entretido e vai perfecto para a nosa idade, tamén aprendes a como superarte na vida.

Tristes Armas

Este libro, escrito por Marina Mayoral, foi uns dos que tiven que ler para Lingua Galega. A pesar de ter que lelo obrigado foi un libro que me marcou bastante, xa que trata de dúas rapazas que teñen que marchar a Rusia por culpa da Guerra Civil española. Estas rapazas perden toda a súa infancia e pasan todo o tempo nun país do que non saben nada.

 

Esta novela reflicte á perfección o sufrimento que pode chegar a causar unha guerra ás persoas inocentes. Recomendo ler este libro, xa que é perfecto para estes días nos que podemos chegar a pensar que o mundo se vai acabar.

Memorial do Convento

Nestes días de confinamento veu á miña cabeza varias veces unha vella lectura: O ensaio sobre a cegueira de José Saramago. Nesta obra o Premio Nóbel portugués preséntanos uns personaxes que deben facer fronte a unha pandemia que se extende polo mundo: a cegueira branca. A orixe repentina e inexplicable e a natureza da cegueira causan o pánico xeralizado, e no encerro que deben soportar xorden os instintos máis básicos do ser humano. Normal que me acordara, non?

Pero a novela de Saramago que me impactou no seu momento e que quero recomendarvos é  O memorial do Convento. Publicada en 1982, a súa acción transcorre no século XVIII, coa construción do convento de Mafra como pano de fondo dunha historia de amor fermosísima, ao tempo que amosa a oposición entre a miseria do pobo e o despilfarro real en grandes construcións.  É  unha novela pragada de historias e personaxes inolvidables como Blimunda, Baltasar, o Padre Bartolomeu Lourenço, e unha prosa chea de poesía e cariño cara eses personaxes.

                                                                                                                     Begoña Campaña

Vinte mil Leguas de Viaxe Submarina

Recoméndovos este libro que  eu lin por primeira vez en sexto de primaria, escrito por Julio Verne, un gran excritor que tamén publicou outros grandes libros como A volta ao mundo en oitenta días ou Viaxe ao centro da terra.

 

20.000 Leguas de viaxe submarina é un libro que mentras o les non hai momentos de aburrimento, é un libro facil de ler con aventura, amor e moitos máis sentimentos que che mostran os seus personaxes ,un libro con misterio e que despois de cada capítulo lido despertará en ti cada vez máis curiosidade e ganas de seguir lendo.

Tamén se fixeron vesións cinematográficas desta obra, na imaxe podemos ver o cartel da película de Walt Disney

1984-George Orwel

O libro que veño recomendar neste Día do Libro é 1984 de George Orwell. Trata dunha sociedade  distópica na que se practica a vixilancia masiva e a represión política e social, e á fronte destes actos está o partido que ten como  líder ao Gran Irmán. A  min encantoume porque mostra un mundo que é ficticio pero cos anos colle máis forma na nosa sociedade.

 

George Orwell Publicou este libro en 1949.

 

 

 

 

 

 

Versión en galego de Fernando Moreiras na editorial Kalandraka