Ilustración de Kiko Da Silva
Ilustración de Kiko Da Silva
Polos meus gustos de historia medieval, vou presentar esta obra maestra tanto de literatura como como do cinema. Este libro, escrito por Tolkien en 1954, impulsou a miña imaxinación dende moi pequeniño, lendo pouco a pouco. Dende o comezo da lectura ata o final sentes que estás dentro da Terra Media, sentes que te moves cos personaxes e que vives as mesmas experiencias ca eles. A trama toda que ten, dende a historia miles de anos atrás ata o remate, é incríble, todo ben seguido. Por moi grande que se faga o libro, a lectura non é para nada pesada, tendo momentos tanto de alegría, como de tristeza, como de medo, como de eforía. JRR Tolkien soubo transmitir esas sensacións ao texto.
A tradución do inglés ao galego é de Moisés Barcia Rodríguez.
Este libro acabeino no segundo trimestre, é un libro curto cunha linguaxe complexa xa que está escrito no galego de 1889. Trata sobre un labrego que responde ás preguntas a modo de catecismo dun sacerdote. Nestas respostas critica ós políticos, ós caciques, e fainos responsables das penurias que viven os labregos galegos.
Recomendo este libro para que nos deamos conta do mal que vivían naquela época e de que non se vive tan mal durante este confinamento.
O seu autor, Valentín Lamas Carvajal
Acabo de ler este libro que me parece moi interesante e recoméndoo sobre todo neste tempo en que vivimos confinados. O diario foi escrito durante a Segunda Guerra Mundial e trata dunha nena xudeu-alemá que vive agochada para evitar ser detida polos nazis. Espero que vos guste.
“Es una verdad universalmente aceptada que un hombre soltero en posesión de una notable fortuna necesita una esposa”.
Así empieza Orgullo y prejuicio (1813), me encanta la historia, los protagonistas, la época y la familia Bennet.
Austen es una escritora que con sus pocas novelas contribuyó a fomentar la lectura en su época. Os lo recomiendo sobre todo si os gusta la comedia romántica. YG
A tradución do inglés orixinal ao galego é de José Díaz Lage.
Acabo de ler a novela Aníbal e a Pintora do escritor Xabier Paz e pensei que era un estupendo momento para facer a primeira entrada neste fantástico blog e celebrar con vós o Día do Libro!
O escritor achéganos á figura de Artemisia Gentileschi, artista italiana do Barroco até hai pouco esquecida polo mundo da arte. A personaxe principal, Aníbal, é un profesor de matemáticas que, tras descubrir en Internet a obra desta artista, comeza unha ardua investigación que serve de guión para esta novela que nos leva á Roma do século XVII, á Roma de Bernini, Borromini ou Caravaggio e, tamén, a Roma na que coñeceremos a historia de Artemisia.
Gustaredes deste libro aquelas persoas ás que lles guste a historia da arte e a historia en xeral, e especialmente recomendable para o alumnado de 2º de Bacharelato, xa que esta lectura axudaralles a ampliar o coñecemento sobre o Barroco en concreto, e sobre a Arte, en xeral.
Déixovos o link dun vídeo inspirado nesta novela que de seguro vos acaban de animar a esta lectura!
Mañá é o día do libro e vouvos recomendar un libro estupendo, chámase Corredores de sombra e foi escrito por Agustín Fernández Paz.
O que máis me gustou do libro é como a protagonista, chamada Clara, resolve un misterio e tamén a relación que ten con Miguel.
Por último direi que é un dos poucos libros que conseguiu meterme na pel dos protagonistas.
Aproveitando a ocasión, quería engadir unha pequena recomendación acerca dunha lectura especial para min: A esmorga, obra do autor Eduardo Blanco Amor.
Esta obra foi publicada en Buenos Aires en 1959 e en Galicia en 1970. Foi unha das primeiras novelas galegas de posguerra e marcou un fito na historia da literatura galega. A súa repercuión nas xeracións posteriores levouna a ocupar un lugar destacado do canon literario. O libro foi adaptado ao cinema e tamén ao teatro e traducido a varias linguas.
A novela narra a esmorga de tres personaxes, Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas e Eladio Milhomes, que botan de bebedela un día enteiro e mais a súa noite, e que rematará co falecemento de dous deles e o axuizamento do terceiro. De feito, é este terceiro, Cibrán, quen lle conta toda a historia ao xuíz, e grazas ao cal coñecemos o sucedido.
Na imaxe portada do libro coa ilustración do poeta e pintor Luís Seoane.
Recomendo esta lectura xa que me resultou moi interesante a súa trama e tamén considero que é un clásico da nosa literatura, polo cal é unha lectura que deberiamos facer todos. Nela podemos atopar moitos recursos fascinantes que nos axudarán ao longo da nosa etapa como estudantes, e á vez resultaranos moi interesante e unha lectura sinxela e interesante. Na miña opinión merece moito a pena a lectura desta obra.
Como mañá é o día do libro, vouvos facer un pequeno comentario sobre un clásico: Memorias dun neno labrego.
Aínda recordo a primeira vez que me mandaron ler este libro; eu estaba en 4º de primaria e tiñamos que lelo para un futuro exame que sería avaliado. Coma case todos os nenos pensan, a primeira impresión foi mala, xa que daquela non podiamos chegar a entendelo, pero agora que me dou conta do que lin por aqueles tempos, dígome para min mesmo: “que sorte tiven de poder terminalo, e faríao outra vez sen dúbida ningunha.”
Esta obra é claramente un clásico, non só da literatura galega, senón que tamén chegou ao resto do mundo grazas ao seu triunfo. O seu autor é Xosé Neira Vilas, que é coñecido coma un dos maiores autores galegos da historia e, sinceramente, gañou ese respecto.
Na imaxe unha edición coa preciosa portada de Luís Seoane.
También me gustaría recomendar otro libro, esta vez en castellano, ya que lo leí hace muy poco y me pareció un gran libro, es El Lector de Julio Verne y su autora Almudena Grandes.
Este libro me lo mandaron leer este curso y lo recomiendo por varias cosas, la primera, me parece que esconde una gran historia detrás que muestra cómo realmente fue la vida durante esa época después de la Guerra Civil, cómo se convivía y el peligro constante que suponía tanto para unos como para otros.
Y segundo, me parece que están muy bien hechas las interacciones entre los personajes y cómo se ve la forma de pensar de cada uno, me parece que está muy bien planteado.
A pesar de que el libro es un poco largo, creo que sin duda merece la pena, ya que el tiempo que pasé leyéndolo lo disfruté como el que más.