A fotografía nos tempos de Castelao

No relato O retrato de Castelao, publicado en 1934, explícanos como el foi requerido para que lle fixera un retrato a un neno que estaba a pouco tempo de morrer. Aínda que hoxe nos resulte chocante, isto era costume facelo cos mortos naquela época aínda que hoxe en día sería impensable, agora para nós sería coma unha falta de respeto, desagradable ou tétrico…

Pois non fai moito, fai apenas uns 70 ou 80 anos isto era algo normal aquí na Galicia. Facíase, sobre todo, porque naquela época non había o mesmo que hai agora, non había teléfonos móbiles, boas cámaras, etc.

Daquela ti na túa vida só tiñas dúas ou tres fotos, non máis, e ao millor eran de cando eras rapaz, ou adolescente, así que se a persoa morría facíaselle unha fotografía para poder recordalo ben, san, e para recordar que seguía na familia aínda que non estivese fisicamente. Ademais que Galicia sempre foi un pobo cunha relación moi natural coa morte.

Houbo un tempo no que, polas vilas e aldeas de Galicia, circulaban os ‘fotógrafos de mortos’, chamados para retratar aos defuntos no

seu tránsito cara a outra vida. Houbo grandes mestres deste arte como Virxilio Viéitez (Forcarei), José Moreira (O Porriño), Ramón Caamaño (Muxía), Raniero Fernández (Vigo), Pedro Brey (A Estrada) ou J. Pintos (Pontevedra). Todos eles eran en realidade fotógrafos convencionais, aquilo era un traballo, pero dedicaron parte das súas vidas a retratar a morte dos demais.

Información sacada da páxina Web: https://www.gciencia.com/historias-gc/fotografos-de-mortos-galicia/

 

Manuel Rivademar Betanzos

Deixa unha resposta