Como todos os 23 de Abril celebramos o Día do Libro e este ano facémolo ao grande. Acollemos mañá no noso centro a I Festa do Libro e da Cultura:
Máis información: https://www.santiagoturismo.com/files/2021/04/festalibro2021.pdf
Como todos os 23 de Abril celebramos o Día do Libro e este ano facémolo ao grande. Acollemos mañá no noso centro a I Festa do Libro e da Cultura:
Máis información: https://www.santiagoturismo.com/files/2021/04/festalibro2021.pdf
Estou lendo este libro e a razón do seu titulo é que uns dos protagonistas dest
a historia chamado Vincent (Vicent Van Gogh) na sua presentación tiña un sombreiro de palla e uns artefactos raros. A historia pasa nun pobo de Francia chamado Auvers. Este é autorretrato do pintor e unha pintura de paisaxes de Auvers:

O pintor do sombreiro de malvas é un libro do escritor Marcos Calveiro. Trata dun adolescente que o mandan a Auvers un pobo onde vive a sua tía Jojo, e ali é onde coñece a Vicent (un pintor famoso que existe na vida real) e tamén conta de que a sua tía non gustalle o doutor Gachete e tamén su posible relación amorosa con Adeline una rapaza que traballa en un bar.
O personaxe de Vicent é o pintor Van Gogh
Como anunciabamos hai uns días, con motivo do día de Rosalía de Castro os alumnos de 2º e 3º da ESO estiveron lendo e analizando a poesía da autora. A
cada un asignóuselle un texto diferente, do que fixeron, mediante imaxes, a súa propia interpretación e actualización. Puidemos comprobar a vixencia de moitos dos temas tratados por Rosalía nos seus poemas: a soidade, a vanidade, a inxustiza, a emigración…
Os traballos están expostos nos corredores do nosos centro, aquí podedes ver o resultado.



A escritora Marina Mayoral recita este poema incluído en Follas Novas (1880)
Un ano máis celebramos, na data do seu nacemento, o Día de Rosalía de Castro.
A mellor homenaxe que lle podemos facer é, sen dúbida, lela, pensala. E iso é o que os nosos alumnos están facendo estes días. Nos próximos días iremos presentando as súas interpretacións.
Este sábado 30 de xaneiro celebrouse o Día da Ilustración, que como é habitual coincide co aniversario do nacemento de Castelao. Dende hai anos o evento, organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) e a Consellería de Cultura, homenaxea a un ilustrador histórico galego para recordar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural. Nesta ocasión a escollida foi Lolita Díaz Baliño, pintora e profesora que se converteu na primeira muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes.
No seguinte enlace do xornal dixital praza podedes desfrutar dunha serie de ilustracións da autora: https://praza.gal/ducias/ilustracions-ao-redor-de-lolita-diaz-balino
O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz para promover a educación na tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
Desde Xente Lendo estamos plenamente convencidos do potencial da lectura para crear cidadáns críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas. Por iso vos facemos algunhas propostas de lectura interesantes a través do seguinte enlace, botádelle un ollo!
Seguir o rastro dos personaxes de Os nenos da varíola levounos a descubrir, a través de varios artigos de prensa, que en Galicia se están levando a cabo estudos moi importantes sobre a COVID. Por exemplo:
O grupo de Medicina Xenómica, que dirixe o catedrático Ángel Carracedo desde Santiago de Compostela, coordinará desde Galicia unha das meirandes investigacións que se realizará no mundo para abordar a evolución da Covid-19 nos pacientes desde o punto de vista xenético. Intervirán investigadores de Santiago de Compostela, Vigo, Lugo, Santander, Madrid, Bilbao, Valladolid, A Coruña, Segovia, Granada, Barcelona, León, Soria, Burgos, Sevilla, Lleida e Tenerife, así como de varios países de Latinoamérica e Europa como Arxentina, Uruguai, Brasil, México, Colombia ou Reino Unido. ( información extraída de: gciencia.com)
Angel Carracedo é un importante científico galego nacido en Santa Comba. Catedrático de Medicina Legal desde 1989 e Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 ata 2012). Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) (desde 1999), Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII (desde 2002). Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.
Ademais, Carracedo é un firme defensor da lingua galega e da necesidade de empregala en todos os ámbitos, incluídos o científico. Neste video cóntanos a súa visión:
Despois de ler Os nenos da varíola e ver a importancia que tivo o Doutor Balmis para o avance da medicina, investiguei ao respecto e dinme conta de que o Doutor Balmis aínda está presente na actualidade:
Premio Balmis. Foi creado no 2009 pola Asociación de Pediatría para premiar a médicos e profesionais dos medios de comunicación para fomentar a difusión e investigación en vacinas.
Operación Balmis. Así se denominou a operación levada a cabo polas Forzas Armadas para controlar na medida do posible a Covid-19, despregando máis de 2.500 efectivos polo país para controlar a corentena.
Estatua. O Doutor Balmis ten un recoñecemento na Facultade de Medicina en San Juan en Alicante debido á seu importante labor na expedicion da varíola.
Instituto Balmis de Vacinas. Este instituto está dedicado á formación, investigación e cooperación internacional en relación coas vacinas e inmunizacións.
Rotary Club Alicante, Fundación Doutor Balmis. Creouse para difundir a este gran personaxe tan importante na historia da medicina mundial. Moi coñecido en países hispanoamericanos pero pouco coñecido ás veces na súa terra natal.
Jacobo Baña