O relato O retrato de Castelao cóntanos unha historia tráxica e chea de tenrura. O argumento é o seguinte:
Castelao deixara a profesión de médico, mais un día o taberneiro, Melchor, chamou á súa porta para que vise a seu fillo, el aceptou. Cando chegaron á casa de Melchor, el díxolle que o que quería era un retrato do seu fillo, pero Castelao díxolle que era mellor facer una fotografía e convenceuno. Pouco despois de Castelao chegar á casa, Melchor petoulle na porta outra vez dicindo que os fotógrafos non tiñan magnesio. Castelao aceptou a facerlle un retrato, cando xa tiña o retrato terminado Melchor queixábase do resultado:
-Pola alma dos seus defuntos, non mo retrate así. ¡Non lle poña esa cara tan encoveirada e tan triste!
Confeso que ó volver á realidade non souben que facer, e púxenme a repasa-las liñas xa feitas do retrato. O silencio foi esgazado novamente por Melchor:
-Vostede ben sabe como era o meu rapaciño. Faga memoria, señor, e debúxemo rindo. […]