Tristes Armas

Conmemorando o Día da Paz véuseme á cabeza o libro Tristes armas, de Marina Mayoral, que trata das causas da guerra es as persoas ás que atañe, maiormente aos nenos, que son separados dos seus pais ao comezo da guerra . O título tomouno  dun poema de Miguel Hernández:

Tristes guerras
si no es amor la empresa.

Tristes. Tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.

Tristes. Tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.

Tristes. Tristes.

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E A PAZ

Desde 1964, para recordar a morte de  Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Un autor que escribiu moito sobre a guerra e as súas consecuencias foi Celso Emilio Ferreiro. Un exemplo é este poema contra a guerra de Vietnam:

Digo Viet Nam e basta

Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.

Digo lombriga e larva
de carne podrecida.

Digo nenos de napalm,
terror de noite e selva,
fedor de cidade e cloaca.

Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,
tremor de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.

Apenas digo nada.
Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.

Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gadoupa,
chuvia, amargura, baba.

Digo petróleo, ferro,
mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.

Apenas digo nada.
Digo Viet Nam i está xa dito todo
cunha soia palabra.

Para abranguer a vergonza do mundo,
digo Viet Nam e basta.

Viaxe ao país dos ananos 1968

Antonio Fraguas “Forges´´

Para conmemorar o Día da Paz, nos corredores do Seminario loce unha pequena exposición de diferentes viñetas deste autor, que nas súas obras traballaba diferentes temas sociais e políticos, entre eles o da paz.

De pai galego, o xornalista Antonio Fraguas Saavedra, é familiar de Antonio Fraguas, autor homenaxeado o ano pasado co Día das Letras Galegas.  Forges foi toda a súa vida un mal estudante pero era un gran lector. No ano 1956, con só 14 anos, entra a formar parte da plantilla de  TVE, posto que non abandonaría ata 1973 para convertirse en humorista gráfico. Uns anos antes xa publicara un debuxo no “Diario Pueblo´, da man de Jesús Hermida.

Empezou a traballar en diferentes revistas e xornais, sendo un dos sete fundadores do famoso diario “El Mundo´´, que abandonou no ano 1995, para pasar a firmar o chiste editorial do diario “El Pais´´.

O Principiño

Estou lendo un libro: O Principiño. O seu autor era francés, chamábase Antoine de Saint-Exupéry.

Este autor era piloto e tamén o protagonista ao que se lle estropeou o seu  avión no deserto do Sáhara e alí coñeceu ao principiño. Comeza contando que de pequeno debuxara unha boa que tragara a un elefante e cando llo ensinou aos maiores só vían un sombreiro e dixéronlle que deixase de pintar.

E o principiño, cando lle ensinou o debuxo, foi o único que se deu conta do que el pintara.

Centro Dramático Galego

Nestes últimos anos tivemos a sorte de poder asistir aos marabillosos espectáculos que propón o Centro Dramático Galego, e temos a sorte de que  nos deixan o seu vestiario para as nosas obras de teatro, debido a iso hoxe queríavos falar algo desta institución.

O Centro Dramático Galego é unha unidade pública, dependente da Consellería de Cultura, que ten como obxectivo producir e distribuír espectáculos  teatrais en lingua galega, coa intención de normalizar a lingua no ámbito teatral. Dende  xaneiro de 2020 o seu novo director é Fran Núñez que precisamente foi un dos actores que fomos ver este ano na obra titulada  “Se fosen turistas levarían gafas de sol”.

O labor do CDG comezou en 1984.

O síndrome de Ulises

O síndrome de Ulises foi tratado e estudado na clase debido á estreita relación que este ten coa obra teatral Se fosen turistas levarían gafas de sol, que pretende ensinar os efectos da emigración en Galicia debido a unha etapa de notable escaseza e pobreza, apoiándose na ilustración dunha serie de exemplos deste proceso.

Este concepto ten relación coa obra da Odisea, na que Homero, o seu autor, narra a volta á casa, tras a Guerra de Troia do heroe grego Ulises. Ademais de pasar dez anos fóra loitando, Ulises tarda outros dez anos en regresar á illa de Itaca, onde posuía o título de rei, período durante o cal o seu fillo Telémaco e a súa esposa Penélope deberán tolerar aos pretendentes que buscan desposala (eles crían que Ulises estaba morto), ao mesmo tempo que consomen os bens da familia.

Despois disto, Homero vai narrando as peripecias e perigos aos que Ulises se enfronta na viaxe cara á súa cidade . Finalmente, describe a chegada á casa e o encontro co seu fillo e a súaa esposa.

Actualmente, o síndrome de Ulises dá nome a un cadro de estrés que afecta a inmigrantes que viven situacións extremas. Ulises dá nome a este síndrome xa que viviu innumerables adversidades e perigos lonxe dos seus seres queridos.

Se fosen turistas levarían gafas de sol

O mes pasado os alumnos de 2º de bacharelato asistimos á representación teatral “Se fosen turistas levarían gafas de sol”. Trátase dunha coprodución internacional entre as compañías de teatro galegas Limiar e Crémilo, as entidades portuguesas Teatro Nacional D.ª Maria II de Lisboa e Comedias do Minho, a arxentina Cía. Nacional de Fósforos de Bos Aires e a compañía uruguaia El Mura de Montevideo.

Normalmente o teatro non adoita gustarlle a moita xente pero neste caso foi todo o contrario, xa que ao saír do teatro a case todos nos gustara a representación. Penso que é unha das mellores obras de teatro que vin, non polos decorados nin polas risas que os actores che sacaban, senón porque é unha das poucas obras que me fixo pensar seriamente nun tema tan actual e importante como o é a emigración, tema principal da obra. Tamén nos facía reflexionar sobre ue todo o mundo somos fillos de emigrantes porque nalgún momento alguén da nosa familia tivo que emigrar, fora polo motivo que fora.

 

Traballamos o tema das adiccións coa literatura

No pasado trimestre adicamos unha semana á prevención da drogadicción dun xeito amplo e transversal, en cada materia, analizando distintos aspectos relacionados co tema.

Nas clases de literatura galega os alumnos de 2º da ESO traballaron distintos textos de autores que trataron o tema. Como exemplo, a interpretación que Íker Prego e Iván García fixeron deste poema de Carlos Negro:

 

concurso BÚSCASE XENTE LENDO

Un ano máis arranca o CONCURSO BÚSCASE XENTE LENDO

  • Os participantes terán un pasaporte de lectura que irán selando a medida que vaian lendo un libro máis, incluídos os de lectura obrigatoria das distintas materias.

  • Os libros deberán corresponderse coa idade e nivel académico dos lectores. Polo tanto, antes da lectura deberase consultar co profesorado. Na sala de lectura podes atopar o que buscas.

  • Trala lectura do libro, o profesor avaliará a comprensión da obra por parte do alumnado. Dita avaliación poderá facerse de distintas maneiras, segundo o criterio do profesor e as características da obra elixida: proba escrita, entrevista oral, exposición ante a clase…

  • Será requisito imprescindible para que se teñan en conta outras lecturas ter lido as obras de lectura obrigatoria das distintas materias.

  • A campaña estará en marcha ata a fin do curso, o gañador será quen consiga máis selos no seu pasaporte.

  • OS PREMIOS consistirán en:

1º: vale de 50 euros a canxear na tenda de informática e electrónica Mediamarkt.

2º: vale de 20 euros a canxear na tenda de informática e electrónica Mediamarkt.

* Ademais será valorado nas avaliacións finais.

PARTICIPA!