Nestes últimos anos tivemos a sorte de poder asistir aos marabillosos espectáculos que propón o Centro Dramático Galego, e temos a sorte de que nos deixan o seu vestiario para as nosas obras de teatro, debido a iso hoxe queríavos falar algo desta institución.
O Centro Dramático Galego é unha unidade pública, dependente da Consellería de Cultura, que ten como obxectivo producir e distribuír espectáculos teatrais en lingua galega, coa intención de normalizar a lingua no ámbito teatral. Dende xaneiro de 2020 o seu novo director é Fran Núñez que precisamente foi un dos actores que fomos ver este ano na obra titulada “Se fosen turistas levarían gafas de sol”.
O labor do CDG comezou en 1984.