O síndrome de Ulises

O síndrome de Ulises foi tratado e estudado na clase debido á estreita relación que este ten coa obra teatral Se fosen turistas levarían gafas de sol, que pretende ensinar os efectos da emigración en Galicia debido a unha etapa de notable escaseza e pobreza, apoiándose na ilustración dunha serie de exemplos deste proceso.

Este concepto ten relación coa obra da Odisea, na que Homero, o seu autor, narra a volta á casa, tras a Guerra de Troia do heroe grego Ulises. Ademais de pasar dez anos fóra loitando, Ulises tarda outros dez anos en regresar á illa de Itaca, onde posuía o título de rei, período durante o cal o seu fillo Telémaco e a súa esposa Penélope deberán tolerar aos pretendentes que buscan desposala (eles crían que Ulises estaba morto), ao mesmo tempo que consomen os bens da familia.

Despois disto, Homero vai narrando as peripecias e perigos aos que Ulises se enfronta na viaxe cara á súa cidade . Finalmente, describe a chegada á casa e o encontro co seu fillo e a súaa esposa.

Actualmente, o síndrome de Ulises dá nome a un cadro de estrés que afecta a inmigrantes que viven situacións extremas. Ulises dá nome a este síndrome xa que viviu innumerables adversidades e perigos lonxe dos seus seres queridos.

Deixa unha resposta