Crónicas de la Torre

Esta lectura está compuesta por tres libros de la autora Laura Gallego, que continúan la historia de una chica hasta llegar al desenlace.

Estos libros son de literatura fantástica ya que tratan de una chica que ve a un espíritu y más adelante un anciano llega a su casa y le pregunta a sus padres si se la puede llevar a su escuela que es una escuela de magia. Allí irán avanzando poco a poco sus instrucciones en la magia y hará un amigo Elfo, todo va bien hasta que la chica descubre un secreto del anciano.

As miñas lecturas

Reconozco que entre mis aficiones no está la lectura , pero alguna vez me tocó leer por obligación y descubrí algo que pensaba que nunca me pasaría . Esto sucedió con un libro llamado ” El ocupante ” de Ángel Burgas ; un libro para experimentar sensaciones misteriosas  y ver la evolución de las personas y su entorno . Fue un libro que acabé leyendo más de una vez y me encantó. Ideal para aquel que quiera aventurarse en un mundo lleno de intrigas y de maldades nunca descubiertas

Últimamente despertó mi curiosidad el tema de los reyes de Galicia , me prestaron varios libros que estuve leyendo pero ahora no los tengo aquí y no me acompañan en este duro encierro. Cabe destacar de estos libros de historia que gracias a ellos conozco más mi comunidad como que Galicia es el primer reino cristiano , esperemos que pronto pueda retomar esta lectura.

El sabueso de los Baskerville. Arthur Conan Doyle

Este libro, publicado en 1901,  cuxo protagonista é Sherlock Holmes, lino hai tempo e a pesar de que pensei que non me gustaría, cando empecei a lelo gustoume e remateino en moi pouco tempo.

Neste día do libro quixen recomendar este libro porque ten unha historia moi interesante e que te mantén atento e con ganas de saber o que pasa ata o final.

 

O seu autor é Arthur Conan Doyle que, aínda que cultivou tamén a novela histórica, é coñecido pola serie de obras, máis de 60,  protagonizadas polo detective Sherlock Holmes.

 

Harry Potter. J. K. Rowling

Como este xoves é o Día do Libro, gustaríame facer unha pequena recomendación duns libros que lin hai uns anos atrás.

Os libros son a saga completa de Harry Potter, a verdade é que os lin porque me encanta Harry Potter. Recoméndoa debido a que a toda aquela xente á que lle vaia o tema do suspense vanlle encantar.

A súa autora é J. K. Rowling. Como curiosidade, cando a autora tentou publicar Harry Potter, nun primeiro momento foi rexeitado por distintas editoriais. Actualmente, leva vendidas arredor de 500 millóns de copias das distintas obras desta saga.

Outra curiosidade ten que ver co seu nome. Ela mesma explicou en distintas entrevistas que os seus editores, cando publicou a primeira entrega de Harry Potter en 1997, a obrigaron a “disfrazar” o seu xénero, convencidos de que tería mellor acollida se ocultaba que era unha muller. Entón, en vez de asinar como Joanne Kathleen, empregou as iniciais, J. K. Incrible en pleno século XX.

Semana do Libro

Este xoves 23 de abril celébrase o Día do Libro e, a pesar das circunstancias, ímolo celebrar. Pedímosvos que nos recomendedes un libro que vos marcase dalgunha maneira ou que simplemente vos gustase dun xeito especial e nos digades por que.

Non o pensedes moito, xa se sabe que é difícil escoller só un. Veña, animádevos!

ler na casa

Ler en galego desde a casa

Nestes días nos que temos que quedar na casa imos ter moito tempo para ler. Apuntámosvos varias páxinas onde podedes atopar literatura en galego para ler en liña ou descargar. Esperamos que vos preste.

  1. Galicia Le: Plataforma da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia onde solicitar o préstamo das principais novidades editoriais en galego. Tamén se poden ler en liña.
  2. eBook Dicoruna: Plataforma tecnolóxica da Deputación Provincial da Coruña onde solicitar o préstamos dun moi amplo catálogo de libros en galego.
  3. Bivir (Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego): Recolle obras en formato PDF da literatura universal libres de dereitos traducidas ao galego e realizadas pola Asociación de Tradutores Galegos.
  4. Biblioteca Virtual Galega: Recolle fichas de autoras/es da literatura galega, obras completas ou escolmas, desde a época medieval á actualidade. Formato web.
  5. Biblioteca Virtual da Real Academia Galega: Pequena compilación de obras clásicas galegas.
  6. Galiciana. Biblioteca de Galicia: Recolle a dixitalización de moitos dos fondos da Biblioteca de Galicia e doutras institucións). Ten un apartado específico Clásicos da literatura galega dezaseis obras clásicas gratis, en ePub ou pdf, de desis autoras/es galegas: Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Marcial Valladares, Lamas Carvajal e Sofía Casanova.
  7. Son de Poetas : Antoloxía da poesía galega musicada, desde a época medieval até a actualidade.
  8. Os libros de Ánxel Casal: Recupera a memoria dos libros publicados polas editoriais Lar e Nós entre 1924 e 1936. Só podes ler fragmentos.
  9. Asociación de escritoras e escritores en lingua galega: A AELG ofrece as súas publicacións e algúns libros en PDF.
  10. Galegobook: Comparte libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía…)
  11. Enciclopedia da historia da literatura galega: Páxina sobre a literatura galega. Ten algunhas obras para ler en liña.
  12. Sitios onde descargar gratis libros en galego (e portugués): Nesta páxina podes atopar moita información de onde ler gratis ou descargar libros en galego e portugués.

Luz Pozo Garza

Nestes días tan grises e estraños, tamén nos chegan novas tristes que teñen que ver coa literatura. Hoxe faleceu Luz Pozo Garza, un referente na poesía galega. Para lembrarnos tanto da súa obra como da súa personalidade, déixovos este obituario, publicado hoxe no xornal Praza Pública.

 

 

 

 

https://praza.gal/cultura/morre-aos-97-anos-luz-pozo-garza-voz-esencial-da-poesia-galega-do-seculo-xx

A Quinta do 57.

Invitámosvos a ler este relato escrito por un ex-alumno do Seminario. Curiosamente, nel cóntanos como naquel ano 1957, ao igual que hoxe,  Belvís tivo que quedar deserto por outra enfermidade, a gripe asiática.

A QUINTA DO 57

Relato orixinal dun ex alumno veterano do noso Seminario, lido no “Encontro de Ex-Alumnos” da Semana Cultural 2020.

O sufoco do verán estaba xa a tocar o seu fin. Os preparativos de ingreso no centro, a punto, despois de ter pasado pola miña casa o emisario da xastrería Porto pa tomarme as medidas, e, poder, así, lucir esa nova sotana no meu esmirrado corpo de rapaz; os libros de texto, mercariámolos, logo, no propio economato do Seminario; e, finalmente, os derradeiros en acudir, éramos precisamente nos: una morea de nenos de tódolos recunchos e de tódalas condicións sociais de Galicia, pa completar aquel monumental formigueiro de sotanas remangadas nos mellores momentos de fedello xuvenil.

 

As pedras recen talladas, lucían coa imaxe mariana de nosa Señora da Asunción, naquel colosal centro de humanidades, inaugurado no ano 1956 polo cardeal ourensán Don Fernando Quiroga Palacios. Dese xeito, san Martiño Pinario, quedaba aliviado pola cantidade de rapaces que pasaron a formar parte do flamante edificio de Belvís. Nunca tantos alumnos pisaran o seu chan na historia de Compostela.

 

E, aló, en torno a festividade do Pilar, arrancaban as andanzas da QUINTA DO 57.

 

Naqueles primeiros días, polo monte Pedroso, ouveaban os cans acirrados polos estoupidos das escopetas, e pola algazara dos cazadores. Unha nova temporada, espertaba en min a saudade dos momentos felices compartidos co meu ben querido pai, cando, aniñados, abeirabamos polas carballeiras do Castro, ou, agochados tras os muros seme derruídos da Xesteira, agardabamos a que o meu cadelo Tuno, meteranos os coellos a tiro de chambóns fogueteiros.

 

 O seminario menor, contaba con dúas comunidades ben diferenciadas, onde, os nenos, compartíamos cuartos e aulas en colectividade. A capela, cunhas elegantes i esplendorosas vidreiras de cores con estampas de santos, facían de fronteira coa comunidade de maiores, onde cursaban de terceiro en adiante, a meirande parte deles, achegados dende san Martiño Pinario e de San Roque.

 

Os comedores eran, tamén, independentes, sen que ningunha das colectividades tiveran trato directo, a non ser en dias moi sinalados, con actos multitudinarios esporádicos, e solemnidades, onde todos pasabamos xuntos.

O xantar, serviámolo recollendo cada quen o seu prato, que chegaba virando a través dun torno conectado coa cociña, onde, unhas monxas, con mans de santos, cociñaban ás escasas viandas: lentellas, ou fabada sen chourizos- mágoa que, tamén, por aquel entón, foran tan agudos pa saír voando dos pucheiros sen deixar rastro- .

A carne, esa dama descoñecida en tempos de fama, paseaba con garbo os días de festa colándose á forza pa dentro do pote e, cando saía, estaba feita unha desjrasiada  fora alma, por tanta cara dura que tiña á hora de ser roída. Galiñas, a verdade, eu, no nas vin, a non ser que o raposo paseara con algunha pola porta de atrás.

 

Un dia, estaba eu devorando unha ración de garavanzos, e rocei coa fonte, que acabou estalando en mil anacos.

-¿ Como fixeches iso, rapaz, pa escacha-la perola dese modo? (Preguntou o noso mordomo Don Arturo)

Pois, a verdade, no no sei, señor. Eu, non fun. De súpeto, apareceu polo chan, e mandáronme pasar por aquí, pa trata-lo tema con vostede.

– Está ben. Tes que pagar polo dobre do ser valor.

-¿ E logo ? (Preguntei, intrigado)

– Aquí, as fontes máxicas, cóbranse coma se fosen lampadarios de Aladino. Así é que, xa sabes: pa outra vez, procura rachar pratos que non estalen eles sos, se non desexas pagar máis da conta.

 

Lembro, tamén, aquel primeiro dia da clase de latín, onde tivera que aprender de memoria o capítulo primeiro de historia de Tobías:

Tobias, ex tribu e civitate Neftali, cunta mandata Dei observaba, ab etate ineunte…” Ou á Eneida, con Laoconte de protagonista; Ou, as cartas de Cicerón a súa amada Tulia:  Si vales, bene es, ego valeo…” Se estás ben, alégrome, eu tamén estou ben.

E, así, podería seguir con esa ladaíña, esfollando un rosario de recordos, ata aburrir a todos vos.

 

Naturalmente que tamén eu estaba ben, coma Cicerón, sen coñecer aínda case que nada da vida, ca incerteza do meu futuro.

O país enteiro, estricábase moi a modo dunha modorra económica esmagada pola guerra, con medidas severas que tiñan sometida á cidadanía con infinidade de leis e de prohibicións; coma aquela que prohibía a fala do galego fermosa filla do latín, anque desprestixiada, por estar considerada como a mal criada daqueles tempos, propia dos aldeáns pailáns e analfabetos. Pouco a pouco, foise tolerando, facendo todos a vista gorda. De tódolos xeitos, nunca tiveramos a linga de Rosalía, coma materia de curso.

 

Recordo, tamén, como asentíamos coa cabeza a todo canto o profesor ía lendo, sen comprender nin papa de todo aquelo. E dicíanos noso mestre:

¿Entiendes Fabio lo que voy diciendo…?

Y como que sí, que lo entiendo

Mientes Favio que yo soy quien lo digo, y no lo entiendo

En fin, anécdotas da quinta do 57, que quedarían eclipsadas por outros acontecementos moito máis preocupantes, que estaban por vir, a finais de aquel ano e principios do seguinte.

 

Algo serio, dende logo, foran aquelas treboadas que eu lembro acotío dende entón: noites sen luz, renxendo as portas e petando o sarabullo en col das cegas cristaleiras apegadas as nosas camas, onde agochaban inertes, entre as sabas, os corpos duns nenos tremelicando de medo. E, onde os estrondos fungaban nas nosas orellas, confundidos cos rumores da invernía, traendo das nosas costas un dixomedíxome desolador.

 

Ou aquelas noticias inquietantes que circulaban en col dunha peste procedente de Asia, que xa estaba a facer estragos na poboación. Ao noso amedrento nocturno, engadíase esa nova angustias, coas historias dos maiores que estabamos a escoitar, acerca dunha nova praga bíblica que estaba a propagarse a escape por toda Europa e Amarica.

 

En canto ao fútbol, o grupo B- do que eu formaba parte- fora o máis temido por aquel entón. Poderíamos enfrontarnos a calquera dos grandes de España, sen medo a perde-lo encontro. O muxián Martín Gómez, fora unha auténtica figura do noso equipo. Unha ledicia velo acanear co balón, levando por diante a tódolos contrincantes, e plantándose el só diante do porteiro.

O meu xogo pola extrema dereita, non era moi habilidoso que digamos, malia que tiña un sprint endemoñado, coma Gento, e, con iso, desconcertaba ao contrincante cunhas cabriolas que agora están a chamarlle chilenas” ,cando xa foran  inventadas  por min. Ninguén coñecía semellantes pinchacarneiros…e, dicían os compañeiros: ¡ Que gol máis ben elaborado,…grazas a esa xogada tan rara que está a facer Puertas.! Así é que, a cada quen, o seu.

 

Certo dia, cunha mala patada, tombei a un rival, amigo meu, da Estrada. E, dime outro, oriúndo da Illa de Arousa :

– Que dereita a torces, Antonio. Deixáchelo coa cara do revés.

E, así fora, malia que, dias despois, a Gripe Asiática xa formaba parte de nos. De nada servían as cuncas de auga osixenada, mesturada con auga do cano, pa facer os gargarexos que receitaba o doutor do seminario, como remedio de tódolos males. Máis da metade dos alí presentes, estabamos xa tombados no catre delirando de febre, e toda Galicia contaxiada, con aquel mal do demo.

 

E ¡ que cousas ten o destino, señores ! Ese compañeiro noso,…si, ese mesmo que levara aquela labazada de balón, e, co que tantas veces estiveramos de chacota con ese tema, tamén el morrera por causa desa maldita peste. Un sino, que levou pa sempre a un nobre rapaz, cal fora aquel amigo da Estrada.

I, en evitación de danos maiores, os dirixentes decidiron pecha-lo centro, en tanto non fosen espertando nubeiros máis conciliadores coa raza humana. Namentres, mandáronos a todos pas nosas casas.

 

Novos capítulos e novas historias agardaban pola Quinta do 57, moitísimo máis alegres e divertidas, a partir, xa, do primeiro trimestre do 1958 en adiante.

 

Antonio Puertas Lema

 

Lectura: barra libre…!

Para combater o fastío (in)soportable destes días longos, nos que non podemos saír da casa e estamos coma can na corda vendo agromar a primavera, convén reservar un tempo para achegarnos aos libros e descubrir escritores, historias, personaxes, aventuras e lugares novos.

A editorial Planeta ábrenos a porta ao seu catálogo editorial e invítanos a entrar e probar o seu menú. Hai pratos moi saborosos…! Gozade deles no seguinte enlace:

https://keepreadingencasa.planetadelibros.com/

Bon appétit!