O achado do castro. Manuel Núñez Singala

 

Esta obra desenvólvese na Italia imperial onde  Manolitus, fillo de Arpeixia, unha muller madura e comerciante con moito carácter, se namora de Carmiñae, filla do emperador,  unha rapaza moi bela pero un pouco descerebrada, aos que non lles deixan casarse por pertencer a distintas clases sociais.

Os mozos vense a escondidas nun bosque onde son arrestados por uns soldados que os levan ao palacio. Os dous soldados tamén ocupan un papel protagonista na obra, en particular unha soldada que destaca por ser moi coqueta.

Tamen hai dous ladróns, Catulo e Caleno, que queren roubarlle o medallón ao emperedor non só pola riqueza do propio medallón, tamén porque simboliza o imperio e se non o sabe protexer, non merece ser emperador e tería que selo quen o teña.

Cando están na sala onde o emperador recita os seus poemas acompañado do sabio e conselleiro Citrón disposto a cometer o roubo,  prodúcese o gran enredo. E non conto máis para nos facer spoiler..

É un libro moi divertido, fácil de ler, cun léxico sinxelo e moitas cousas que chaman a atención. Retomanos a antiga Roma cunha trama de namorados similar á de Romeo e Xulieta, pero neste caso, en galego e cunha linguaxe máis actual. É unha lectura amena, divertida e que á vez fai pensar.

Eu recomendaría este libro de Manuel Núñez Singala, autor tamén, entre outras, da divertida Instrucións para tomar café.  

Deixa unha resposta