Los hilos cortados. Montserrat del Amo

Este libro conta a historia de dous rapaces, Yamel, un pastor nómada que se namora de Halide, que é unha rapaza turca que vive no val de Gomere e que tece alfombras nun taller. Os dous están moi namorados, pero pertencen a grupos sociais moi diferentes polo que non poden confesar o seu amor ás súas familias.

Un día Yamel ten que marchar para Estambul e a familia de Halide imponlle o casamento cun home moito maior ca ela, ao que non coñece e con quen ela non quere casar xa que segue namorada de Yamel, pero a familia dille que é beneficioso para todos eles. Entón Halide decide escapar da casa e aí comezan unha serie de aventuras ata que consegue atopar de novo a Yamel.

É un libro interesante para coñecer os costumes e o machismo que aínda existe nalgúns lugares do mundo.

A súa autora, Montserrat del Amo obtivo en 1993 o Premio De literatura Infantil y Juvenil Cervantes Chico polo conxunto da súa obra.

                                                                 Andrés Pardal

 

Deixa unha resposta