Libros queridos

“Los escarabajos vuelan al atardecer” de María Gripe, dejó un bonito recuerdo en mi época de adolescente, por eso quiero recomendarlo. Se trata de un libro juvenil de misterio, de esos que te atrapan y no puedes dejar de leer, con lenguaje sencillo pero no por ello simple.

¿Qué podemos encontrar en esta novela? Pues tenemos a tres amigos, una historia de amor turbulenta, un secreto escondido durante dos siglos, una casa encantada y algún fantasma. Una gran combinación para crear una perfecta obra del género de misterio.

La historia comienza con Jonas y Annika Berglund, dos hermanos que junto con su mejor amigo, David, pasarán un verano cuidando las plantas de una antigua casa reconvertida en pensión llamada La Quinta Selanderschen. Con el paso de los días, irán descubriendo retazos de la historia de esa casa, sus habitantes y el origen de su extraño nombre. Un fuerte vínculo conecta a Annika y David con los primeros habitantes de la casa y les hará revivir vidas pasadas.

Un libro cien por cien recomendable, tanto para público adolescente como para adultos

Los escarabajos vuelan al atardecer

AGATHA la reina del crimen

Según Ruiz Plequezuelos, Agatha Christie es la responsable de que mucha gente sepa cuántos segundos necesita el arsénico para acabar con una persona, o la dirección exacta en la que un puñal inflige una herida mortal. También es la culpable de que en ficción los mayordomos siempre despierten nuestra suspicacia, y la responsable de que tantos y tantos lectores pensemos que la peor inversión para una familia británica acomodada es contar con un jardinero, pues según los códigos de la edad de oro de la novela de crímenes es solo cuestión de tiempo que mate a alguien.”

Este año con la obra de teatro y la exposición dedicada a esta escritora tuvimos la suerte de sumergirnos en el mundo de la reina del misterio. Descubrimos su pasión por la arqueología, su trabajo como enfermera voluntaria en la Segunda Guerra mundial y a una escritora prolífica que inspiró a numerosos escritores con sus juegos de misterio y finales inesperados. Recomiendo sus obras y las películas inspiradas en ellas.

Neira Cruz inaugura a Semana Cultural

Onte comezou a Semana Cultural e tivemos a sorte de contar coa presenza do escritor Xosé Neira Cruz, o  “padriño” do concurso búscase xente lendo do curso pasado. Desta volta, veunos falar dun tema sobre o que versa a súa tese doutoral: A viaxe de Cosme III de Médici a Galicia. Un verdadeiro luxo.

 

Como podedes ver, tamén escribiu un libriño para nenos no que narra dita viaxe.

“Os nenos da varíola” a escena

O venres pasado os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO asistimos á estrea de Os nenos da varíola, a adaptación teatral da novela do mesmo nome de María Solar. Para os de 3º a historia era ben coñecida xa que leran a novela na 1ª avaliación. Nela pártese dun feito real e sorprendentemente descoñecido: a Real Expedición Filantrópica da Vacina de 1803. Foi a primeira, e polo momento a única vez, que os humanos acabaron cunha enfermidade mediante o uso dunha vacina. De todos os implicados nela, só o seu director, o doutor Balmis, recibiu en vida os honores e o recoñecemento merecidos. Con esta obra recupérase a memoria tamén daqueles nenos dos hospicios da Coruña e Santiago e da súa reitora, Isabel Zendal, considerada hoxe a primeira enfermeira en misión internacional pola OMS.

Ao rematar, as actrices e actores fixéronse un selfie con nós, aquí estamos.

Día de ROSALÍA

Como sabedes, estes días celebramos a data do nacemento de Rosalía de Castro. Son moitos os eventos, actos, concertos, lecturas públicas, etc. que se levan adiante para recordar á nosa poeta universal. O Concello da Estrada realizou un video ben chulo, aquí volo deixo. Trátase dun audiovisual feito sobre a base dun poema de Rosalía musicado pola artista Guadi Galego, quen recibiu recentemente o “Premio a la Promoción de la Realidad Plurilingüe del Estado”… parabéns Guadi!

O 1º libro que me namorou

O pasado 24 de xaneiro, La Voz de Galicia, no seu suplemento cultural, publicou este artigo no que numerosas personalidades da nosa cultura contan que libro os marcou por primeira vez. Anímaste a contarnos cal foi o teu?

"Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas, foi o libro que marcou ao narrador e director teatral Candido Pazó….

Gepostet von Falamos de Libros am Freitag, 24. Januar 2020

 

Adeus, José Luis Cuerda

O director de cine José Luis Cuerda faleceu onte. Desde aquí agradecémoslle as fermosas adaptacións de obras literarias ao cine, entre elas varias de autores galegos:  A lingua das bolboretas (de Manuel Rivas), El bosque animado (de Wenceslao Fernández Flórez) ou Todo é silencio (de Manuel Rivas)…

Foi ademais un cineasta con sensibilidade coa nosa cultura e fascinación pola nosa terra. Tanto é así que no 2002 fundou a adega San Clodio na Ribeira Sacra, lugar onde pasaba longas tempadas.

Tristes Armas

Conmemorando o Día da Paz véuseme á cabeza o libro Tristes armas, de Marina Mayoral, que trata das causas da guerra es as persoas ás que atañe, maiormente aos nenos, que son separados dos seus pais ao comezo da guerra . O título tomouno  dun poema de Miguel Hernández:

Tristes guerras
si no es amor la empresa.

Tristes. Tristes.

Tristes armas
si no son las palabras.

Tristes. Tristes.

Tristes hombres
si no mueren de amores.

Tristes. Tristes.

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E A PAZ

Desde 1964, para recordar a morte de  Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Un autor que escribiu moito sobre a guerra e as súas consecuencias foi Celso Emilio Ferreiro. Un exemplo é este poema contra a guerra de Vietnam:

Digo Viet Nam e basta

Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.

Digo lombriga e larva
de carne podrecida.

Digo nenos de napalm,
terror de noite e selva,
fedor de cidade e cloaca.

Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,
tremor de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.
Digo gas abafante.

Apenas digo nada.
Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.

Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gadoupa,
chuvia, amargura, baba.

Digo petróleo, ferro,
mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.
Digo devastación que USA, usa.

Apenas digo nada.
Digo Viet Nam i está xa dito todo
cunha soia palabra.

Para abranguer a vergonza do mundo,
digo Viet Nam e basta.

Viaxe ao país dos ananos 1968

Antonio Fraguas “Forges´´

Para conmemorar o Día da Paz, nos corredores do Seminario loce unha pequena exposición de diferentes viñetas deste autor, que nas súas obras traballaba diferentes temas sociais e políticos, entre eles o da paz.

De pai galego, o xornalista Antonio Fraguas Saavedra, é familiar de Antonio Fraguas, autor homenaxeado o ano pasado co Día das Letras Galegas.  Forges foi toda a súa vida un mal estudante pero era un gran lector. No ano 1956, con só 14 anos, entra a formar parte da plantilla de  TVE, posto que non abandonaría ata 1973 para convertirse en humorista gráfico. Uns anos antes xa publicara un debuxo no “Diario Pueblo´, da man de Jesús Hermida.

Empezou a traballar en diferentes revistas e xornais, sendo un dos sete fundadores do famoso diario “El Mundo´´, que abandonou no ano 1995, para pasar a firmar o chiste editorial do diario “El Pais´´.