O curioso caso do trompetista e o afiador

No noso proxecto sobre a Ribeira Sacra atopamos unha historia curiosa. Rastrexando as historias de afiadores, tan abundantes na provincia de Orense, atopamos esta:

Alan Lomax, musicólogo, considerado un dos máis grandes recopiladores de música popular do século XX, percorreu toda a península española recopilando a música popular e pasou varios anos facendo o mesmo en Galiza. Nesta viaxe Lomax coñeceu a José María Rodríguez, un afiador de Faramontaos que engaiolou ao norteamericano co son do “chifre” que se utilizaba na profesión para anunciar a presenza de traballadores ambulantes polas rúas das vilas e cidades.O MUSICÓLOGO ESTADOUNIDENSE ALAN LOMAX RECOLLEU EN 1952 O SON DUN AFILADOR E CAPADOR DE FARAMONTAOS (NOGUEIRA DE RAMUÍN) QUE DESPOIS SERVIU PARA INSPIRAR UN TEMA DO XENIAL TROMPETISTA DE JAZZ MILES

E así comezou todo. A melodía arrancada do instrumento musical propio de afiadores e capadores cautivou a Lomax, que decidiu incluíla no seu álbum recopilatorio “The Spanish Recordings” de 1955. Un traballo no que José María Rodríguez, o afiador, tamén se converteu no verdadeiro protagonista cando apareceu a súa foto na portada.

Máis tarde, Miles Davis, unha das figuras máis relevantes, influentes e innovadoras do jazz, quedou tamén fascinado polo son do chifre e incluiuno no seu disco Pan Piper:

https://www.youtube.com/watch?v=ZDknO7SWLEk

Deixa unha resposta