Unha maneira clásica de celebrar o Día do libro, unha lectura do libro “El Quijote” na Biblioteca. Todos participamos, desde os máis pequenos de primaria ata Bacharelato.

Unha maneira clásica de celebrar o Día do libro, unha lectura do libro “El Quijote” na Biblioteca. Todos participamos, desde os máis pequenos de primaria ata Bacharelato.

Arredor do Día do Libro, levouse a cabo a actividade de “apadriñamento lector”. Os alumnos de 1º e 2º de Primaria tiveron uns contacontos espectaculares, os seus compañeiros de 3º da ESO. E todos o disfrutaron tanto que non querían parar de ler e de escoitar. Parabéns ós participantes.

Luísa Villalta foi a autora homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas. Cultivou todos os xéneros: narrativa, teatro pero, sobre todo, poesía. Tamén como ensaísta deixou títulos moi interesantes. Precisamente foi o título dun deses ensaios o que escollemos como fío da exposición sobre a súa obra que leva nos nosos corredores desde primeiros de ano: O outro lado da música, a poesía . Neste libro do ano 1999 traza unha orixinal visión da poesía galega desde o punto de vista da relación ancestral desta arte coa música. Nun traballo conxunto entre a materia de Lingua Galega e Música, traballamos varios aspectos das dúas facetas principais da autora.
En Luísa Villalta, música e literatura sempre foron da man. Titulada superior en violino, chegou a formar parte da Orquestra de Santiago e da Xove Orquestra de Galicia, e tamén foi membro do grupo folk Escaino.
A música nunca a abandonou e deixou unha fonda pegada na súa produción literaria dende os seus inicios, con títulos como a obra teatral Concerto para un home só (1989) -a súa primeira publicación- e o seu debut como poeta, Música reservada (1991).

Momo é unha nena que vive nas ruínas dun antigo anfiteatro. Ela ten un don moi especial, con só escoitar á xente consique que se sintan mellor, isto é unha gran ameaza para os homes grises, e intentan desfacerse dela.
Momo terá que emprender unha aventura coa axuda da súa nova amiga, Casiopea, a cal levará a Momo xunto ao maestro Hora para acabar cos homes grises.
Momo é unha novela escrita por Michael Ende e publicada no ano 1972, esta obra pode entenderse como unha crítica ao consumismo e a non valorar o noso tempo.
A revista norteamericana Rolling Stone, na listaxe que tradicionalmente publica a finais de ano coas 100 cancións que marcaron o ano, inclúe no quinto lugar a Oliveira dos cen anos, o Himno do Celta.
https://www.youtube.com/watch?v=d_6f0JQOfM8
Os nosos alumnos de 3º da ESO alegraranse, xa que a coñecen ben.
Máis alá da súa innegable calidade artística e musical, fixeron unha análise profunda do tema e foi punto de partida para estudar boa parte da literatura galega do 1º trimestre, encadrada no proxecto “Cos pés na terra”.
Tendo como referencia o texto da canción, estudaron, por unha banda, a literatura popular.
Desde as lendas que narran a formación das rías e illas do Atlántico, tan presentes no vídeo que acompaña o lanzamento do himno, á historia que explica que a oliveira sexa o símbolo de Vigo ou o estudo da estrofa poética mais común na lírica tradicional, a copla.
Así mesmo, rastrexamos as distintas referencias á literatura culta, nomeadamente as cantigas de amigo de Martín Codax, ou versos que nos lembran algún poema de Rosalía de Castro.
Hai uns días o himno acadou os tres millóns de reproducións en You Tube pero os nosos alumnos recomendaban, sobre todo, escoitalo no campo de Balaídos cantado pola afección, é realmente emocionante, sexas ou non do Celta.
No proxecto que tiña como tema o mundo islámico, na clase de literatura galega vimos as características da novela gráfica. Escollemos unha obra que é un clásico: Persépole.
Trátase dunha novela gráfica en branco e negro, escrita e ilustrada en forma autobiográfica por Marjane Satrapi, co título orixinal de Persépolis. Foi escrita orixinariamente en francés aínda a lingua inicial da autora é o farsi. Apareceu en catro tomos, publicados entre 2000 e 2003. Foi traducida ao galego por Eva Carrión, e publicada por Rinoceronte Editora.
Neste libro descríbese a vida da escritora en Teherán nos anos 1979 ata o ano 1994, a chegada ao poder do réxime fundamentalista e da pérdida de dereitos que tiveron as mulleres nese tempo e que a día de hoxe seguen sen recuperarse.
Neste proxecto puidemos ver como as historias son como cereixas nun cesto, nunca sae unha soa. Despois de estudar a obra As mil e unha noites, fixemos unha actividade sobre este libro, Se o vello Simbad volvese ás illas. É unha obra narrativa en galego, escrita por Álvaro Cunqueiro, publicada en 1961. O personaxe principal está tomado do relato Simbad o Mariño do libro As mil e unha noites pero Cunqueiro sitúao pasando a súa vellez nunha vila mariñeira de Galicia.
No caso de Simbad, hai moitas pistas que lembran á Odisea escrita en Grecia séculos antes por Homero. Historias enleadas como cereixas nun cesto. tamén se fixo anos despois unha adaptación teatral, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por un antigo alumno do nosos centro, Xosé Olveira “Pico”.
O noso proxecto deste trimestre chamábase As mil e unha noites. É o nome dunha compilación de historias e contos populares orixinarios de Oriente Medio e Asia Meridional, compilados en lingua árabe a partir do século XI (en árabe: كتاب ألف ليلة وليلة, Alf layla wa-layla[1] ou en persa: هزار و یک شب).
Entón esta conto non ten un autor concreto, xa que é anónimo.
Esta historia trata dun reino no que un rei casaba todas as noites cunha muller distinta e ao chegar a noite matábaas. E un día unha muller tiña que ser a esposa do rei, pero estaba moi asustada.
Entón Sherezade tivo unha idea para evitar que todas as nenas do reino acabasen morrendo. A moza Sherezade preséntase voluntaria para casar co monarca e utiliza a súa astucia para propoñer un pacto polo que non pode ser executada ata que non acabe de contarlle unha historia.
Esa noite o rei tivo que escoitar a historia de Sherezade, e gustoulle tanto a súa forma de contar historias que á mañá seguinte non a matou.
Na segunda noite co rei, Scheherazade contoulle outra historia ao rei, e isto pasou noite tras noite e así foi como Sheherazade salvou ás mulleres da súa cidade e a ela mesma.
Emprégase a técnica da NARRACIÓN ENMARCADA: consiste en introducir dentro da narración principal un ou varios relatos.

O autor dese libro é Agustín Fernández Paz
Trata dunha nena chamada Branca que ten trece anos e está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e e un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distintos episodios da súa vida que nos permiten ir coñecendo como e e como foi esta rapariga de trece anos. A súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dos seus pais, o colexio, o seu primeiro amor, son escenas que van xurdindo grazas ao efecto evocador dunhas vellas fotografías.
Conta a historia dunha nena de 15 anos, que tivo que sufrir os desastres da 2ª Guerra Mundial.
Narra a súa vida dende que naceu ata o seu tráxico final. É moi bonito e triste, contando as atrocidades da guerra, do amor adolescente, das relacións coa familia e as consecuencias do encerro forzado.