Con este verso de Lupe Gómez, que podedes atopar no seu poemario Camuflaxe, veño a desexarvos un feliz día das nosas letras.
Lupe Gómez, poeta nada en Fisteus (Cuntis), propón neste libro un percorrido pola (súa) memoria. A memoria que conecta coa súa nai, coa aldea, coa terra e, como non, coa Lingua.
A morte ten un peso importante neste libro. Como dí a propia poeta “as persoas mortas permanecen camufladas nas persoas vivas dalgunha forma”. E, nesa mesma idea de camuflaxe, que dá nome ao libro, a poeta achégase á situación da lingua, do galego.
Propoño este libro de poemas curtos, pero cheos de significado, que vos fará (re)conectar co espazo que nos é común: coa terra, coa aldea, coas nosas nais e, como non, coa Lingua.
Feliz Día das Letras !!
Que boa escolla, é dos meus libros máis queridos. Como curiosidade, a presentación deste libro celebrouse na librería Chan da Pólvora e nela participou o sacerdote de Fisteus, D. Víctor Naveira, ben coñecido polos nosos alumnos.
Un apunte, Lupe Gómez recibiu o Premio da Crítica Española por este poemario no 2017 e neste momento é finalista aos BTBA (Best Translated Book Award) que distinguen ao mellor libro traducido ao inglés en EEUU.
Begoña Campaña