Día da Ilustración 2021: Lolita Díaz Valiño

Este sábado 30 de xaneiro celebrouse o Día da Ilustración, que como é habitual coincide co aniversario do nacemento de Castelao. Dende hai anos o evento, organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) e a Consellería de Cultura, homenaxea a un ilustrador histórico galego para recordar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural. Nesta ocasión a escollida foi Lolita Díaz Baliño, pintora e profesora que se converteu na primeira muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes.

No seguinte enlace do xornal dixital praza podedes desfrutar dunha serie de ilustracións da autora: https://praza.gal/ducias/ilustracions-ao-redor-de-lolita-diaz-balino

Libros para a paz

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz para promover a educación na tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

Desde Xente Lendo estamos plenamente convencidos do potencial da lectura para crear cidadáns críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas. Por iso vos facemos algunhas propostas de lectura interesantes a través do seguinte enlace, botádelle un ollo!

Especial Día da Paz

 

O combate contra a pandemia desde Galicia. O exemplo de Ángel Carracedo

Seguir o rastro dos personaxes de Os nenos da varíola levounos a descubrir, a través de varios artigos de prensa, que en Galicia se están levando a cabo estudos moi importantes sobre a COVID.  Por exemplo:

O grupo de Medicina Xenómica, que dirixe o catedrático Ángel Carracedo desde Santiago de Compostela, coordinará desde Galicia unha das meirandes investigacións que se realizará no mundo para abordar a evolución da Covid-19 nos pacientes desde o punto de vista xenético.    Intervirán investigadores de Santiago de Compostela, Vigo, Lugo, Santander, Madrid, Bilbao, Valladolid, A Coruña, Segovia, Granada, Barcelona, León, Soria, Burgos, Sevilla, Lleida e Tenerife, así como de varios países de Latinoamérica e Europa como Arxentina, Uruguai, Brasil, México, Colombia ou Reino Unido. ( información extraída de: gciencia.com)

Angel Carracedo é un importante científico galego nacido en Santa  Comba. Catedrático de Medicina Legal desde 1989 e Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 ata 2012). Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) (desde 1999), Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII (desde 2002).  Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.

Ademais, Carracedo é un firme defensor da lingua galega e da necesidade de empregala en todos os ámbitos, incluídos o científico. Neste video cóntanos a súa visión:

O personaxe do Doutor Balmis (Os nenos da varíola)

Despois de ler Os nenos da varíola  e ver a importancia que tivo o Doutor Balmis para o avance da medicina, investiguei ao respecto e dinme conta de que o Doutor Balmis aínda está presente na actualidade:

Premio Balmis. Foi creado no 2009 pola Asociación de Pediatría para premiar a médicos e profesionais dos medios de comunicación para fomentar a difusión e investigación en vacinas.

Operación Balmis. Así se denominou a operación levada a cabo polas Forzas Armadas para controlar na medida do posible a Covid-19, despregando máis de 2.500 efectivos polo país para controlar a corentena.

Estatua. O Doutor Balmis ten un recoñecemento na Facultade de Medicina en San Juan en Alicante debido á  seu  importante labor na expedicion da varíola.

Instituto Balmis de Vacinas. Este instituto está dedicado á formación, investigación e cooperación internacional en relación coas vacinas e inmunizacións.

Rotary Club Alicante, Fundación Doutor Balmis. Creouse para difundir a este gran personaxe tan importante na historia da medicina mundial. Moi coñecido en países hispanoamericanos pero pouco coñecido ás veces na súa terra natal.

Jacobo Baña

O personaxe de I. Zendal na actualidade científica

Seguindo co personaxe de Isabel Zendal, descubrimos que tamén dá nome a unha empresa farmacéutica, situada no Porriño, de actualidade por ter sido escollida pola farmacéutica norteamericana Novavax para fabricar a vacina contra a COVID para toda Europa.

Descubrimos deste xeito algo que descoñeciamos: que esta empresa galega é a única empresa de España que fabrica vacinas, tanto médicas coma veterinarias. Na imaxe vemos ao ministro de  sanidade visitando a empresa no Porriño.

O personaxe de Isabel Zendal (Os nenos da varíola)

En 1950 a Organización Mundial da Saúde recoñeceu a Isabel Zendal como a primeira enfermeira da historia en misión internacional. Nacida en Ordes en 1773, en 1803 participou na Real Expedición Filantrópica da vacina.

Mostra da importancia desta muller é que nos últimos meses escoitamos moito o seu nome. Un exemplo: o novo hospital construído en Madrid  especializado en pandemias.

Así mesmo, levan o seu nome:

  • premios Isabel Zendal de enfermería 
  • premios Isabel Zendal ao pensamento crítico
  •  Cátedra de Divulgación Científica Isabel Zendal creada na Universidade da Coruña.

Tralo rastro dos personaxes: Os nenos da varíola

O pasado mes de novembro celebramos o XI Mes da Ciencia en  galego, organizado pola Institución Galega da Ciencia. Paradoxicamente, dada a situación que estamos a  vivir, o pasado 2020 foi declarado Ano Internacional da Saúde e decidimos traballar un pouco este tema desde as clases de lingua. Os alumnos de 3º da ESO leron neste primeiro trimestre Os nenos da varíola de María Solar, no que se narra a historia da expedición que levou a América a vacina contra a varíola. A relación coa situación actual é evidente, o que non contabamos é que algúns dos personaxes da novela estivesen aínda hoxe tan presentes, dando nome a múltiples realidades. A continuación os alumnos dan conta deses descubrimentos.

Animal farm/ 1984George Orwell

George Orwell foi un famoso novelista británico, dúas das súas obras máis destacadas son Rebelión en la granja 1984, das cales vou falar.

Rebelión en la granja:Este libro é unha obra satírica que trata sobre o estalinismo, ao cal Orwell sendo comunista odiaba, por unha purga estalinista que sufriu cando estaba na guerra civil española.

Trátase dunha granxa na que todos os animais están sometidos ao home, e os porcos, co apoio do resto rebélanse contra os humanos, pero pouco a pouco as ideas do “viejo mayor” de xustiza e liberdade vanse convertindo nunha tiranía peor cá dos humanos.

Persoalmente creo que este libro é unha marabilla, fai unha distopía perfecta do que pasaba na URSS no período que abarca dende o 1922 ata o 1953, a parte da historia na que Stalin serÍa o dictador do país mencionado anteriormente, que remataría coa súa morte e o proceso de desestalinización por parte de Nikita Jrushchov.

1984: 1984 é unha novela dun futuro alternantivo no que hai un poder total do goberno, que o ve todo polas telepantallas e Winston, un traballador do ministerio da Verdade namórase de Julia, outra traballadora do mismo, vense varias veces ata que a “policía do pensamento” os descubre e son sometidos a diversas torturas.

Persoalmente este libro gustoume moitísimo, Orwell, nesta obra quere falar en contra de todo tipo de totalitarismos, o que me pareceu moi impactante foi que a tecnoloxía que describe no libro era a que realmente había no ano 1984, cando este libro se escribiu no ano 1947, co falecemento de Orwell no 1950.

Simplemente incrible, recoméndolla a todo o mundo.