Seguindo co personaxe de Isabel Zendal, descubrimos que tamén dá nome a unha empresa farmacéutica, situada no Porriño, de actualidade por ter sido escollida pola farmacéutica norteamericana Novavax para fabricar a vacina contra a COVID para toda Europa.
Descubrimos deste xeito algo que descoñeciamos: que esta empresa galega é a única empresa de España que fabrica vacinas, tanto médicas coma veterinarias. Na imaxe vemos ao ministro de sanidade visitando a empresa no Porriño.