Ano 977. Un monxe vai a unha misión, a fin do mundo está a piques de chegar e só pode impedilo invocar ao espiritu do tempo, pero antes necesitan un exes para invocalo.
Reseña Maximun Berserk de Kentaro Miura
( Unha Pequena aclaración Berserk é igual que Maximun Berserk só que Maximun é 2 tomos en 1)Berserk é un manga de estilo épico fantástico e de fantasía escura, ten toques de humor que en ningún momento sentín que perxudicase a atmósfera seria e oscura de Berserk. O seu autor é o xaponés Kentaro Miura
Agora vou contar parte do tomo 1 cos mínimos spoilers posibles : A historia trata de Gust, preséntasenos coma un home forte, frío, algo malvado e algo tolo, acompáñao unha fada ada na súa viaxe. Aínda que Gust se nos presenta como un home capaz de matar a varios homes dun espadazo, cando loita con monstros a dinámica de combate cambia, sendo máis estratéxico e utilizando algúns gadgets.
ENCONTRO CO AUTOR XOSÉ A. NEIRA CRUZ
Mañá xoves terá lugar este encontro que se encadra dentro do Plan Lector do centro e pecha unha serie de actividades que se viñeron celebrando ao longo do curso. Moitos de vós lestes un dos seus libros máis recoñecidos: Valdemuller, que obtivera o Premio Barco de Vapor e que máis tarde sería adaptada ao teatro polo Centro Dramático Galego.
No acto tamén se fará entrega dos premios aos alumnos máis “lectores” gañadores do concurso Búscase xente lendo.
Xosé Neira Cruz, nado en Compostela, é licenciado en Filoloxía Italiana e en Ciencias da Información pola USC. Recoñecido tanto en Galicia como fóra dela, ten unha obra moi extensa e conta no seu haber con múltiples premios de prestixio.
O Centro Do Laberinto
O centro do laberinto é un libro escrito por Agustín Fernández Paz publicado en 1997. Está ambientado nunha sociedade futurista a mediados do actual século. Sara, nai de David, forma parte parte do G-12 que é un dos grupos máis impotantes de persoas que dirixe o mundo. O mundo daquela está moi globalizado en case todos os rincóns excepto nas ZNT que prefiren vivir sen as novas tecnoloxías.
Sara está preparando un informe que pode cambiar a sociedade tal e como se coñece e para tomar un descanso vai a Galicia con David. Galicia daquela non é tan avanzado como o que está acostumado David e mentres Sara vai visitar uns petrogrifos, David deixa de xogar cos seus videoxogos e colle o coche. Vai dar unha volta ata que se encontra cunha chaira e decide recorrela rápidamente como nos videoxogos ata que choca contra unha árbore e uns habitantes dun ZNT rescátano e o cuidan mentres intentan contactar coa súa nai para avisala dun problema co informe. Sara daquela intenta encontrar a David pero ten un problema co informe porque compañeiros seus empezan a morrer misteriosamente.
Makinaria de Carlos Negro
Aquí vos deixo unha poesía de Carlos Negro que saíu nun exame hai uns anos e gustoume moito.
Dezanove anos
dezaseis válvulas
douscentos cabalos,
medio gramo
de euforia no sangue:
sí, xa o levaron
para o tanatorio.
Un Mundo feliz
Un Mundo Feliz fue escrito por Aldous Huxley y publicada en 1932. Presenta un mundo en el que todos sus ciudadanos están divididos por clases al nacer pero todos viven felices gracias al adoctrinamiento vivido desde niños. Todos toman una droga conocida como somma que hace que no piensen y razonen.
En ese mundo “feliz” que relata el autor, no existe el amor, ni la religión y la política. Su “dios” es Henry Ford y los años se cuentan antes de y despues de él. Todo está basado en la revolucionaria línea de produccion con la que Ford construía sus coches, en particular el modelo T.
Cartas de inverno
A min pareceume un moi bo libro, con moita tensión e cunha trama moi boa.
A miña escena favorita é cando comeza todo o paranormal unha noite na cal Xabier Louzao (o dono da casa enmeigada) deixara todos os aparellos electrónicos desconectados, comezáranlle a acontecer sucesos moi extraños,tales como o teléfono a soar e escoitar unha voz moi rara e con ruídos extraños de fondo. De súpeto cando se finalizara a chamada, o fax comezara a imprimir e no folio poñía “ARRIBA ARRIBA XABIER SOCORRO ARRIBA”. Esas escenas son as que máis me marcaron do libro e as que me puxeron a pel de ourizo. A escena final cando se escoita a voz de Xabier de fondo dicirlle a Adrián teñen fame,marcha, esa escena tamén me impactou moito e outra vez máis a pel de ourizo.
Os nenos da varíola
A novela de Maria Solar baséase nun feito real, no que uns rapazes orfos son utilizados para levar a vacina da varíola nos seus corpos nunha viaxe incerta ata América
DÍAS DE DESTERRO
Este libro trátase dunha novela policiaca diría eu, duns chavales que se meten en problemas coa lei.
Ao seu compañeiro non lle pasa nada por ser menor pero ao protagonista perségueo a policía.
O desenlace explica todo o que lle pasou, e o final é moi emocionante, con moita acción e cun final moi inesperado
cartas de inverno
O autor é Agustin Fernández Paz
O libro pareceume unha obra de arte da literatura galega