A medida que iamos degustando os pratos poéticos, descubrimos os ingredientes cos que a autora os elaboraba. Os alumnos de 4º da ESO explícannos algúns deles.
Entrevista Xela Arias
Como diciamos no artigo anterior, unha das características da poesía dos anos 80 e 90 foi a abundancia de recitais, en moitos casos acompañados de poesía, nun intento de sacar a poesía da solemnidade á que a asociamos habitualmente.
Un exemplo está no nacemento do Festival de Poesía do Condado, no ano 1981, que xa vai pola súa 34 edición. Xela Arias desde os seus inicios estivo ligada a esta iniciativa cultural, como podemos comprobar nesta entrevista concedida á TVG:
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/previa-ao-xii-festival-de-poesia-do-condado
Menú poético
Dende o pasado día 20 de abril, nas aulas de lingua galega e literatura vimos desenvolvendo a actividade titulada O POEMA DO DÍA. A xeito de menú poético, os alumnos dos distintos niveis van servindo un poema diario de Xela Arias, poeta homenaxeada coas Letras Galegas deste ano.
A través deses poemas, na aula analizamos as características comúns á poesía duns anos, os 80 e 90, que trouxeron á literatura novas temáticas e formas de expresión. Remataremos o día 12 de maio cun recital poético- musical, similar aos que abundaban naqueles anos.
Bo proveito!
Casa-Museo de Emilia Pardo-Bazán
Hai uns días que os alumnos de 4º de ESO estiveron na exposición Dona Emilia e Compostela, que acolleu o Pazo de Fonseca coincidindo co centenario do pasamento da escritora. A Casa-Museo de Emilia Pardo-Bazán, no número 11 da rúa Tabernas da Coruña, convida aos curiosos a que camiñen e pescuden polas distintas salas desta casa da Cidade Vella da Coruña, na que a escritora viviu varios anos. Nesta mesma casa, cedida polas herdeiras da condesa, instalouse a sede da Real Academia Galega; quería agradecerse deste xeito que a institución a tivese como presidenta honoraria dende a súa fundación en 1906.
Parécenos o complemento perfecto para entender a relación de Dona Emilia coas dúas cidades galegas e, de paso, atusmar un pouco pola “cociña da escritura” desta muller tan interesante. Aquí tedes a porta de acceso. Boa visita.
Mes das Letras 20 | 21
Dúas datas -o 23 de abril e o 17 de maio- e dous nomes -Miguel de Cervantes e Rosalía de Castro-, que non necesitan máis explicación, encadran o “Mes das Letras” que xa estamos celebrando.
O prato principal é a poesía de Xela Arias (sérvese o menú poético do día nos corredores do claustro), pero tamén hai exposicións, música, conferencias, contacontos, libros, artesanía, gastronomía, …
E, por suposto, o concurso “Búscase xente lendo”, para o que quedades retados e convidados.
Dona Emilia e Compostela/ Afonso X e Galicia
O pasado mércores, con motivo do Día do Libro, cos alumnos de 4º da ESO visitamos un par de exposicións. Fomos camiñando ata a Igrexa da Universidade e alí desfrutamos da exposición Afonso X e Galicia, na que puidemos comprobar a intensa relación do monarca coa cultura galega. Entre outros moitos materiais, tivemos ocasión de contemplar a edición facsimilar e a transcrición do Códice de Toledo das Cantigas de Santa María.
Despois, na mesma zona vella, asistimos no Pazo de Fonseca á exposición Dona Emilia e Compostela, co gallo do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. Esta mostra afonda na estreita relación entre a escritora e a cidade e as múltiples pegadas que podemos atopar na súa obra.
Unha xornada ben agradable de paseo e cultura.
Día do Libro
Como todos os 23 de Abril celebramos o Día do Libro e este ano facémolo ao grande. Acollemos mañá no noso centro a I Festa do Libro e da Cultura:
Máis información: https://www.santiagoturismo.com/files/2021/04/festalibro2021.pdf
O pintor do sombreiro de malvas. Marcos Calveiro
Estou lendo este libro e a razón do seu titulo é que uns dos protagonistas desta historia chamado Vincent (Vicent Van Gogh) na sua presentación tiña un sombreiro de palla e uns artefactos raros. A historia pasa nun pobo de Francia chamado Auvers. Este é autorretrato do pintor e unha pintura de paisaxes de Auvers:
O pintor do sombreiro de malvas
O pintor do sombreiro de malvas é un libro do escritor Marcos Calveiro. Trata dun adolescente que o mandan a Auvers un pobo onde vive a sua tía Jojo, e ali é onde coñece a Vicent (un pintor famoso que existe na vida real) e tamén conta de que a sua tía non gustalle o doutor Gachete e tamén su posible relación amorosa con Adeline una rapaza que traballa en un bar.
O personaxe de Vicent é o pintor Van Gogh
Interpretamos a Rosalía
Como anunciabamos hai uns días, con motivo do día de Rosalía de Castro os alumnos de 2º e 3º da ESO estiveron lendo e analizando a poesía da autora. A cada un asignóuselle un texto diferente, do que fixeron, mediante imaxes, a súa propia interpretación e actualización. Puidemos comprobar a vixencia de moitos dos temas tratados por Rosalía nos seus poemas: a soidade, a vanidade, a inxustiza, a emigración…
Os traballos están expostos nos corredores do nosos centro, aquí podedes ver o resultado.