LUÍSA VILLALTA. O outro lado da música, a poesía

Luísa Villalta foi a autora homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas. Cultivou todos os xéneros: narrativa, teatro pero, sobre todo, poesía. Tamén como ensaísta deixou títulos moi interesantes. Precisamente foi o título dun deses ensaios o que escollemos como fío da exposición sobre a súa obra que leva nos nosos corredores desde primeiros de ano: O outro lado da música, a poesía . Neste libro do ano 1999 traza unha orixinal visión da poesía galega desde o punto de vista da relación ancestral desta arte coa música. Nun traballo conxunto entre a materia de Lingua Galega e Música, traballamos varios aspectos das dúas facetas principais da autora.

En Luísa Villalta, música e literatura sempre foron da man. Titulada superior en violino, chegou a formar parte da Orquestra de Santiago e da Xove Orquestra de Galicia, e tamén foi membro do grupo folk Escaino.

A música nunca a abandonou e deixou unha fonda pegada na súa produción literaria dende os seus inicios, con títulos como a obra teatral Concerto para un home só (1989) -a súa primeira publicación- e o seu debut como poeta, Música reservada (1991).

Momo

Libro Momo (en Valenciano) De Michael Ende - Buscalibre

Momo é unha nena que vive nas ruínas dun antigo anfiteatro. Ela ten un don moi especial, con só escoitar á xente consique que se sintan mellor, isto é unha gran ameaza para os homes grises, e intentan desfacerse dela.

Momo terá que emprender unha aventura coa axuda da súa nova amiga, Casiopea, a cal levará a Momo xunto ao maestro Hora para acabar cos homes grises.

Momo é unha novela escrita por Michael Ende e publicada no ano 1972, esta obra pode entenderse como unha crítica ao consumismo e a non valorar o noso tempo.

Proxecto “Cos pés na terra”. Oliveira dos cen anos

 

A revista norteamericana Rolling Stone, na listaxe que tradicionalmente publica a finais de ano coas 100 cancións que marcaron o ano, inclúe no quinto lugar a Oliveira dos cen anos, o Himno do Celta.

https://www.youtube.com/watch?v=d_6f0JQOfM8

Os nosos alumnos de 3º da ESO alegraranse, xa que a coñecen ben.

Máis alá da súa innegable calidade artística e musical,  fixeron unha análise profunda do tema e foi punto de partida para estudar boa parte da literatura galega do 1º trimestre, encadrada no proxecto “Cos pés na terra”.

Tendo como referencia o texto da canción, estudaron, por unha banda, a literatura popular.

Desde as lendas que narran a formación das rías e illas do Atlántico, tan presentes no vídeo que acompaña o lanzamento do himno, á historia que explica que a oliveira sexa o símbolo de Vigo ou o estudo da estrofa poética mais común na lírica tradicional, a copla.

 Así mesmo, rastrexamos as distintas referencias á literatura culta, nomeadamente as cantigas de amigo de Martín Codax, ou versos que nos lembran algún poema de Rosalía de Castro.

Hai uns días o himno acadou os tres millóns de reproducións en You Tube pero os nosos alumnos recomendaban, sobre todo, escoitalo no campo de Balaídos cantado pola afección, é realmente emocionante, sexas ou non do Celta.

Proxecto As mil e unha noites. Persépole

No proxecto que tiña como tema o mundo islámico, na clase de literatura galega vimos as características da novela gráfica. Escollemos unha obra que é un clásico: Persépole.

Trátase dunha novela gráfica en branco e negro, escrita e ilustrada en forma autobiográfica por Marjane Satrapi, co título orixinal de Persépolis. Foi escrita orixinariamente en francés aínda a lingua inicial da autora é o farsi. Apareceu en catro tomos, publicados entre 2000 e 2003. Foi traducida ao galego por Eva Carrión, e publicada por Rinoceronte Editora.

Neste libro descríbese a vida da escritora en Teherán nos anos 1979 ata o ano 1994, a chegada ao poder do réxime fundamentalista e da pérdida de dereitos que tiveron as mulleres nese tempo e que a día de hoxe seguen sen recuperarse.

Proxecto As mil e unha noites. SE O VELLO SIMBAD VOLVESE ÁS ILLAS

Neste proxecto puidemos ver como as historias son como cereixas nun cesto, nunca sae unha soa. Despois de estudar a obra As mil e unha noites, fixemos unha actividade sobre este libro, Se o vello Simbad volvese ás illas. É unha obra narrativa en galego, escrita por Álvaro Cunqueiro, publicada en 1961. O personaxe principal está tomado do relato Simbad o Mariño do libro As mil e unha noites pero Cunqueiro sitúao  pasando a súa vellez nunha vila mariñeira de Galicia.

No caso de Simbad, hai moitas pistas que lembran á Odisea escrita en Grecia séculos antes por Homero.  Historias enleadas como cereixas nun cesto. tamén se fixo anos despois unha adaptación teatral, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por un antigo alumno do nosos centro, Xosé Olveira “Pico”.

As mil e unha noites

O noso proxecto deste trimestre chamábase As mil e unha noites. É o nome dunha compilación de historias e contos populares orixinarios de Oriente Medio e Asia Meridional, compilados en lingua árabe a partir do século XI (en árabe: كتاب ألف ليلة وليلةAlf layla wa-layla[1] ou en persa: هزار و یک شب).

Entón esta conto non ten un autor concreto, xa que é anónimo.

Esta historia trata dun reino no que un rei casaba todas as noites cunha muller distinta e ao chegar a noite matábaas.  E un día unha muller tiña que ser a esposa do rei, pero estaba moi asustada.

Entón  Sherezade tivo unha idea para evitar que todas as nenas  do reino acabasen morrendo. A moza Sherezade preséntase voluntaria para casar co monarca e utiliza a súa astucia para propoñer un pacto polo que non pode ser executada ata que non acabe de contarlle unha historia.

Esa noite o rei tivo que escoitar a historia de Sherezade, e gustoulle tanto a súa forma de contar historias que á mañá seguinte non a matou.

Na segunda noite co rei, Scheherazade contoulle outra historia ao rei, e isto pasou noite tras noite e así foi como Sheherazade salvou ás mulleres da súa cidade e a ela mesma.

Emprégase a técnica da NARRACIÓN ENMARCADA:   consiste en introducir dentro da narración principal un ou varios relatos.

Las mil y una noches - Wikipedia, la enciclopedia libre

Trece anos de Branca

O autor dese libro é Agustín Fernández Paz

Trata dunha nena chamada Branca que ten trece anos e está enferma de hepatite. Desde hai nove días está na cama e ten que gardar repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. Unha eternidade! Encima ten que pasar o seu aniversario así, e e un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e súa nai proponlle que o complete para non se aburrir. E así, pouquiño a pouco, Branca vai lembrando distintos episodios da súa vida que nos permiten ir coñecendo como e e como foi esta rapariga de trece anos. A súa infancia, a súa forma de vivir, os problemas dos seus pais, o colexio, o seu primeiro amor, son escenas que van xurdindo grazas ao efecto evocador dunhas vellas fotografías.

Hamlet. William Shakespeare

Es una adaptación de la obra de William Shakespeare, de unas 60 páginas, que narra la historia de los nobles y los reyes de Dinamarca.

Va sobre que el pueblo de Dinamarca está muy apenado por la muerte del rey Hamlet, sobre todo su hijo Hamlet. De repente se le aparece el espectro de su padre y le dice que tiene que matar a su asesino, el rey Claudio, su tío.