Las peripecias de Estravaganza Pérez

O libro de As peripecias de Estrabaganza Pérez gustoume  moito  e pareceume interesantísimo . O libro ía sobre unha nena que lle gustaban moito os animais sempre tiña moitos insectos no pelo e no corpo . Un día os seus pais tiñan que marchar porque eran biólogos e dixéronlle que descubriran unha nova especie de mamifero e tiñan que marchar . Cando marchaban aLas peripecias de Extravaganzza Pérez - -5% en libros | FNAC sua nai dixolle que deixou unha caixa e que non a abrira de ninguha maneira . cando se foron a nena foi a escuela e como suspendeu un examen a sua titora quería falar  con seus pais.

A nena no quería dicirlle á súa titora que seus pais  non estaban, abriu a caixa e descubriu que a sua nai lle dixo que a curiosidade era boa e que construiria un artiluxio para voar. Construiuno e foise aos confíns para atopar a seus pais.  Bruno, 2º ESO

A autora, Ledicia Costas (Vigo, 1979)

NOVO CURSO, MÁIS LECTURAS

 

         CURSO 2021-22
        Fotografía de Chema Madoz

Comezamos o curso 2021-22 hai pouco máis dun mes e o noso alumnado xa anda por aquí, polo Xentelendo,  estreándose uns, retomando o fío outros. Veñen, iso si, uns e outras, con ganas de recomendarnos os libros que lles gustaron, falarnos das lecturas deste verán que remata e comezar outras novas. Como podedes comprobar coas primeiras entradas, a cousa promete!

Participade, este blog está aberto a tod@s!

 

As cousas claras

Este libro conta a aventura que teñen dous rapaces chamados Marga e Afonso que intentan descubrir o que parece un suicidio do seu profesor de literatura chamado Mon.AS COUSAS CLARAS | NEIRA CRUZ, XOSE A. (AUTOR/A) - Santos Ochoa

O que máis me gustou deste libro é o decidida que é Marga para enfrontar os problemas que teñen e conseguir solucionalos. Tamén me gustou bastante que dende o principio da historia intriga saber que é o que segue despois, como por exemplo: intentaría suicidarse realmente Mon ou sería intencionado? Por que motivo Marga e mais súa nai non tiñan unha boa relación? Que relación tiñan Mon e Elías?  O mellor é que despois todo se aclara.

Breve historia da novela negra galega

Carlos Reigosa recibe o premio Xerais edición 14ª coa novela ”Crime en Compostela” (1984), é o primeiro best-seller da literatura galega con máis de 34.750 exemplares vendidos, converténdose desde xeito no autor pioneiro do xénero negro na literatura galega. Reigosa, que ten publicados libros de xéneros variados como relatos curtos, investigación ou ensaio e que foi premiado en numerosas ocasions, crea a Nivardo Castro, investigador internacional que, xunto con Carlos Conde, periodista, investigarán o escuro asasinato de Aurelio Xieiro un empresario da construción rico da cidade de Santiago de Compostela.

Manuel Rivas consolidado mestre das letras galegas con títulos tan excepcionales como “o

lapis do carminteiro” ou “A lingua das bolboretas” publicou tamén xénero negro como a súa

novela “Todo é silencio”.

 

O fenómeno medra e evoluciona durante máis de tres décadas influenciado por Europa e

América e, en opinión dun dos autores recoñecidos deste xénero, Francisco Castro, débese

fundamentalmente a tres factores:

 

a) Por un lado achaca o fenómeno do éxito da novela negra galega á madurez que en

xeral acada a literatura galega, consolidación que fai que un dos xéneros que

faltaban teña neste momento a súa representación.

 

b) Tamén atribúe o avance deste tipo de novela ao abandono da exultación de Galicia

como patria por parte dos autores precedentes, indo agora polo camiño de atraer

ao lector. Lector que de sempre gusta e elixe a temática policíaca.

 

c) Como terceiro factor apunta á temática urbana que adoita ter a literatura galega,

tramas urbanas que se se desenvolven en cidades como Vigo prestánse a tramas

negras.

 

Este autor causa un novo éxito de ventas coa novela “Tes ata as dez”.

Xunto con Francisco Castro, Domingo Vilar e Pedro Feijoo, tamén sitúan a acción os seus

crimes e investigacións na cidade de Vigo e arredores.

Villar coas reflexións, paseos, e almorzos do Inspector Leo Caldas mantén ao lector atrapado nas páxinas dende o primeiro momento. En tres novelas publicadas ata o de agora “Ollos de Auga”, “A praia dos afogados” que conta tamén coa versión cinematográfica e o último en ser publicado “ O último barco” Villar ofrece un claro exemplo da traxectoria pola que discorre a novela negra galega.

Pedro Feijoo, con “Fuego azul” afonda na dor. Ata onde podemos aguantar a dor?, cando nos obrigan a traspasar o límite ¿que estamos dispostos a facer? Son preguntas que xurden ca lectura de crimes macabros que suceden nesta obra.

 

Beto Luaces, iniciou en 2017 a serie de novela negra “VICUS” cuxa trama discorre entre a

cidade de Vigo e a serra do Suído. A obra unha das mais vendidas da cidade Olivica relata a figura de Alfonso Graña, un galego de Avión que chegou a ser rei dos Xíbaroson. 

Non podemos deixar sen mencionar a Manuel Loureiro autor de varios títulos con diferentes temáticas destacando o xénero de terror e que en 2015 publica “Fulgor” unha interesante mestura de novela de terror e negra, nin ao revolucionario Diego Ameixeiras que crea a súa versión do sagaz detective no personaxe de Horacio Dopico no título “Baixo mínimos”

Impresionante tamén o elenco de escritoras galegas que tocan esta temática detectivesca.

María Oruña, nacida en Vigo en 1976, con “Puerto escondido”, “Un lugar a donde ir” e “Donde fuimos invencibles” ofrece unha apaixonante serie da tenente Valentina Redondo e o cabo Camargo.

 

Ledicia Costas, premio nacional de literatura infantil e xuvenil con mais de 16 libros orientados a estes lectores, publica en 2019 a sua primeira obra para adultos “Infamia” inspirada nocaso real do asasinato de Marta del Castillo. Nesta novela a inspectora Cruz acude a unha cidade imaxinaria galega para investigar a desaparición de dúas irmás.

 

Araintza Portabales aporta ao xénero “Beleza vermella” 2019 e a Coruñesa Nieves Abarea da vida a á inspectora Valentina Negro protagonista dos títulos “Crímenes exquisitos”,

“Martyrium” e “Los muertos viajan deprisa” que marcan unha importante aportacion á literatura.

 

Sirva esta breve exposicion como posta en valor e mostra da consolidación da nosa literatura e dentro dela a novela negra contemporánea.

O BATALLÓN LITERARIO DA COSTA DA MORTE

A Costa da Morte, que é onde eu vivo, está situada na zona máis occidental da provincia da Coruña e  compóñena as comarcas de Bergantiños, Soneira, Xallas e Fisterra.

En 1996 creouse un grupo literario  chamado O Batallón Literario da Costa da Morte e o seu nome está inspirado no “Batallón Literario”,  compañía militar formada por estudantes da Universidade de Santiago, que en 1808, durante a Guerra da Independencia Española, loitou contra a invasión francesa dirixida por Napoleón. Na primeira xuntanza que organizaron reuníronse os fundadores, os cales son: Miro Villar, Rafa Villar, Federico L. Santalla, Xandra Tedín, Modesto Fraga, Estevo Creus e Xabier Rodrigues Fidalgo.

Moitos autores do Batallón Literario teñen recibido premios polas súas obras. As máis destacadas de cada autor son: Miro Villar por Equinocio de primavera recibiu o Premio Esquío. Rafa Villar por Liques da memoria o Premio Fermín Bouza Brey. Estevo Creus por Areados o Premio Miguel González Garcés. Modesto Fraga por Amor salgado o Premio O Grelo. Alexandre Nerium por Vaga en espiral o Premio Faustino Rey Romero. Concha Blanco por A mín que me importa! o Premio Lazarillo. María Canosa por O libro dos medos que non o son recibiu o Premio Arume. Ademais de outros autores con infinidade de premios. Hai tamén que destacar un blog literario de Miro Villar chamado Crebas.gal que recibiu o Premio ao mellor blog literario no ano 2012.

Para rematar, dicir que acaban de celebrar o seu 25 aniversario.

Xela Arias. Temática social

Xela Arias trata asuntos sociais propios da época como o antimilitarimo, o compromiso ligüístico, a catástrofe do prestige, a guerra de Irak:

NEVER MORE

Os nenos escriben “nunca máis”.

que non abonda.

considera,

considera a labazada.

O tamaño do infrinxido

entanto oes o son mediátrico das novas nas casas,

a química diploñática na fiestra da praia.

Considera,

considera a medida do desprezo

cando apalpas moles as rochas que che sentiran os pés.

As mans de Lola de Aguiño nos restos acugulados.

Xa non never more. Que non abonda.

Sábete Ons e pénsate mentres agardas serr salvada.

“Mar de fondo, capitán”. A velocidade do vento non é nada

se deciden as pantasmas.

Xa non never more, never more.

É que non abonda.

(Sen novidade na fronte)

Que visible

coma invade aínda máis, sen pudor, esta peste.

Nós sós. Sempre en Galicia. Nós sós.

Traíamola no lombo, inmemorial,

unha lapa no lombo a miseria do hábito domeado.

Never more, never more. Pero non abonda.

Agora que definitiva en nós. Unha pegada na alma.

¿Que gardas, foar do soño e os rumorosos?

¿Que cuspe máis limpa queres ver

mentres as maquinarias do acougo che anotan as lindezas

dos conformes?

Xa nin never more, never more abonda.

Atónita.

Faite indómita.

De cara ó noxo

pon prezo en castigo á patética esperanza.

Velaí te-la estúpida batalla.

Never more, Edgar Allan Poe

Nós sós, Manuel Antonio

Sempre en Galiza, Daniel Castelao

Publicación de IES Álvaro Cunqueiro (2003).