Temática social

Xela Arias trata asuntos sociais propios da época como o antimilitarimo, o compromiso ligüístico, a catástrofe do prestige, a guerra de Irak:

NEVER MORE

Os nenos escriben “nunca máis”.

que non abonda.

considera,

considera a labazada.

O tamaño do infrinxido

entanto oes o son mediátrico das novas nas casas,

a química diploñática na fiestra da praia.

Considera,

considera a medida do desprezo

cando apalpas moles as rochas que che sentiran os pés.

As mans de Lola de Aguiño nos restos acugulados.

Xa non never more. Que non abonda.

Sábete Ons e pénsate mentres agardas serr salvada.

“Mar de fondo, capitán”. A velocidade do vento non é nada

se deciden as pantasmas.

Xa non never more, never more.

É que non abonda.

(Sen novidade na fronte)

Que visible

coma invade aínda máis, sen pudor, esta peste.

Nós sós. Sempre en Galicia. Nós sós.

Traíamola no lombo, inmemorial,

unha lapa no lombo a miseria do hábito domeado.

Never more, never more. Pero non abonda.

Agora que definitiva en nós. Unha pegada na alma.

¿Que gardas, foar do soño e os rumorosos?

¿Que cuspe máis limpa queres ver

mentres as maquinarias do acougo che anotan as lindezas

dos conformes?

Xa nin never more, never more abonda.

Atónita.

Faite indómita.

De cara ó noxo

pon prezo en castigo á patética esperanza.

Velaí te-la estúpida batalla.

Never more, Edgar Allan Poe

Nós sós, Manuel Antonio

Sempre en Galiza, Daniel Castelao

Publicación de IES Álvaro Cunqueiro (2003).

Deixa unha resposta