NOVO CURSO, MÁIS LECTURAS

 

         CURSO 2021-22
        Fotografía de Chema Madoz

Comezamos o curso 2021-22 hai pouco máis dun mes e o noso alumnado xa anda por aquí, polo Xentelendo,  estreándose uns, retomando o fío outros. Veñen, iso si, uns e outras, con ganas de recomendarnos os libros que lles gustaron, falarnos das lecturas deste verán que remata e comezar outras novas. Como podedes comprobar coas primeiras entradas, a cousa promete!

Participade, este blog está aberto a tod@s!

 

Deixa unha resposta