Vai sobre un pintor que vivía nunha casa no medio do monte que comprou para inspirarse nos seus cadros. O seu amigo axúdao desde fóra a través de cartas.
o que pasa é que a casa está maldicida e por eso van pasar moitas cousas basntante insteresantes. o libro é recomendable para máis ou menos entre os 13 e 15 anos
Este marabilloso libro trata dunha familia que vai a unha festa a comer e tócalles un porquiño e non saben onde metelo, asi que o levan para casa e méteno no cuarto de baño e pásanlle moitas desgrazas ata que chegan á conclusión de metelo no xardín de atrás do piso no que vivían e fanlle una caseta para que non se molle coa choiva.
O pintor do sombreiro de malvas vai sobre un chaval que ten que emigrar a un pobo chamado Auvers coa súa tia Jojo porque a súa nai non podia facerse cargo de el. A sua tia non lle gusta o seu sobriño xa que foi fillo de solteira e ela non o acepta . O primeiro encontro que tivo o protagonista no pobo foi con Jules e os seus esbirros. Logo coñeceu a un pintor famoso na actualidade que lle encantaba pintar.
O protagonista namorouse dunha nena chamada Adeline, logo Vicent namorouse da filla do doutor Gatchet e como o doutor gatcher enfadouse con el porque lle foi pedir a man da sua filla e ela foise chorando , logo caeu nunha depresion e meteuse un tiro.
Ás de mosca para Anxo é un libro moi aventureiro e moi divertido. O persoaxe principal era Estrela Canedo é unha rapaza moi especial, pola súa inxenuidade, pola súa inocencia e, sobre todo, polo seu gran corazón.¿Chegará alg
ún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos m
áis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e… a todo o mundo que o máis important
e é ter un gran corazón.Estrela ten unha forma moi diferente de ver as cousas que os demáis,e moi faladora e sociable.Unha vez foron ao parque de excursión é rescataron a un paxaro q estaba co a á rota e non podia voar entón gracias a Estrela rescataron ao paxaro.
Alí nunca pasa nada… ata que un día topa cun misterioso pintor que levaba un sombreiro cuberto de malvas. O protagonista vivirá con el bos e malos días, entendendo un pouco máis o peculiar carácter do artista, tan diferente da xente convencional que o rodea. Outra das peculiaridades desta novela é que, aínda que está narrada en primeira persoa, en ningún momento se menciona o nome do protagonista. Ademais, a inserción, cada poucas páxinas, de reproducións dalgunhas das obras do gran pintor(V
incent Van Gogh), citadas na novela, son un engadido para gozala aínda máis se cabe.
A min gustoume moito, é moi entretido e divertido. Se queres ler un libro recoméndoche este, hai persoaxes moi interesantes. O meu persoaxe favorito é Vicent. Tamén se fixeron varias peliculas sobre él: Unha no 1956 protagonizada por Kirk Douglas e outra do 2019, como protagonista Willem Dafoe
Os nenos da Varíola é un libro que trata sobre uns feitos reales en 1803, uns nenos que foron elixidos para levar a vacina da varíola ás Américas. Neste libro preséntannos persoaxes que viviron realmente esta situación, como Isabel Zendal e o doutor Francisco Javier Balmis.
Foi unha persoa moi importante. Nacida en Ordes (A Coruña), foi a enfermeira dos cativos que levaban a vacina ás Américas, polo que a OMS (Organización Mundial da Saúde) nomeouna a 1ª Enfermeira en misión internacional. Na actualidade, dada a importancia que a súa figura segue tendo, hai un Hospital en Madrid co seu nome, no que se vacina a xente de COVID-19, tamén temos un grupo farmacéutico en Porriño co seu apelido, Zendal.
A compañía teatral Pérez&Fernández fixo a adaptación teatral da obra de María Solar
A novela A Arte de Trobar ten unha gran relación coa literatura que estamos vendo na asignatura de Lingua e literatura galega neste trimestre. Esta relación é tan grande porque o libro expresa unha época na que Galicia e Occitania estaban moi relacionadas, porque en Galicia se crearon as cantigas de amigo e as cantigas de escarnio e maldicir, e na Occitania creáronse as cantigas de amor, e pola peregrinacion que se facía polo Camiño de Santiago francés ata aquí.
O outro día os alumnos de 1º e 2ª da ESO fomos ver a obra de títeres: Leonardo e os biosbardos.
Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria fará por superar as probas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte da mesma.
A min pareceume xenial, é unha maneira de aprender a non meterse cos demais e enfrentarse a os abusóns. Na clase recordamos esta canción
Estes días estreouse a película Mediterráneo, baseada na historia de Open Arms, unha ONG que se encarga de axudar aos máis vulnerables, protexen a vida de persoas abandoadas en augas internacionais, que inclúen problemas belicos, persecución ou pobreza.
Un dos seus actores protagonistas, Dani Rovira di o seguinte: “El Mediterráneo se ha convertido en una de las mayores fosas comunes de la historia reciente. Espero que la película ayude a cimbrear los cimientos de la sociedad sobre esto. Hay que entretener, pero también ayudar a que se cuestionen muchas cosas”.
En outubro do 2013, 500 inmigrantes fuxían a Europa nunha patera que se afundiu fronte da costa Italiana de Lampedusa. Morreron 360 persoas e sobreviviron 155. Esta causa conmoveu á sociedade italiana e convocou o día de loito nacional recordando e honrando aos falecidos facendo unha cruz coa madeira do naufraxio. En Abril de 2014 a fundación italiana Casa del Espírito Santo e as Artes de Milán amosoulle a cruz ao Papa Francisco. Este bendeciuna e pediulles que se encargasen de que a cruz recorrese todo o mundo. A semana pasada tivemos a honra de tela no noso centro e poder reflexionar sobre o que significa.