Con motivo do Día das Letras Galegas desenvolvemos no Seminario múltipes actividades arredor da figura de Antonio Fraguas. Tivemos con nós a D. Clodio González, compañeiro seu, director do Museo do Pobo Galego e contounos, entre outras cousas, que o seu labor xirara fundamentalmente arredor da etnografía e da cultura popular en xeral. No que ten que ver coa literatura compilou lendas e cantigas e populares como a que aquí vos amosamos.


Antonio fraguas polo que contaron foi un personaxe moi interesante