O Centro Do Laberinto

O centro do laberinto é un libro escrito por Agustín Fernández Paz publicado en 1997. Está ambientado nunha sociedade futurista a mediados do actual século. Sara, nai de David, forma parte parte do G-12 que é un dos grupos máis impotantes de persoas que dirixe o mundo. O mundo daquela está moi globalizado en case todos os rincóns excepto nas ZNT que prefiren vivir sen as novas tecnoloxías.

Sara está preparando un informe que pode cambiar a sociedade tal e como se coñece e para tomar un descanso vai a Galicia con David. Galicia daquela non é tan avanzado como o que está acostumado David e mentres Sara vai visitar uns petrogrifos, David deixa de xogar cos seus videoxogos e colle o coche. Vai dar unha volta ata que se encontra cunha chaira e decide recorrela rápidamente como nos videoxogos ata que choca contra unha árbore e uns habitantes dun ZNT rescátano e o cuidan mentres intentan contactar coa súa nai para avisala dun problema co informe. Sara daquela intenta encontrar a David pero ten un problema co informe porque compañeiros seus empezan a morrer misteriosamente.

Un Mundo feliz

Un Mundo Feliz fue escrito por Aldous Huxley y publicada en 1932. Presenta un mundo en el que todos sus ciudadanos están divididos por clases al nacer pero todos viven felices gracias al adoctrinamiento vivido desde niños. Todos toman una droga conocida como somma que hace que no piensen y razonen.

En ese mundo “feliz” que relata el autor, no existe el amor, ni la religión y la política. Su “dios” es Henry Ford y los años se cuentan antes de y despues de él. Todo está basado en la revolucionaria línea de produccion con la que Ford construía sus coches, en particular el modelo T.

Cartas de inverno

A min pareceume un moi bo libro, con moita tensión e cunha trama moi boa.

A miña escena favorita é cando comeza todo o paranormal unha noite na cal Xabier Louzao (o dono da casa enmeigada) deixara todos os aparellos electrónicos desconectados, comezáranlle a acontecer sucesos moi extraños,tales como o teléfono  a soar e escoitar unha voz moi rara e con ruídos extraños de fondo. De súpeto cando se finalizara a chamada, o fax comezara a imprimir e no folio poñía “ARRIBA ARRIBA XABIER SOCORRO ARRIBA”. Esas escenas son  as que máis me marcaron do libro e as que me puxeron a pel de ourizo. A escena final cando se escoita a voz de Xabier de fondo dicirlle a Adrián teñen fame,marcha, esa escena tamén me impactou moito e outra vez máis a pel de ourizo.

Tirando do fío

Como pasa tantas veces , da lectura dunha historia saen outras, outros temas que tratar. Entre as actividades programadas no Mes das letras incluímos unha charla cun membro do consello de redacción da revista Encrucillada, aquela da que formara parte o protagonista da historia de solidariedade con Seoane. Marisa Vidal, Marisa de Corme, veunos falar da historia desta revista que cumpre 40 anos e que, dunha maneira rigorosa e sempre en galego, analiza a realidade galega en todos os eidos (literatura, filosofía, historia, teoloxía…)  desde un punto de vista cristián.

Historias atopadas por casualidade

Agora que remata o curso lembramos os traballos realizados ao longo destes meses relacionados coa literatura. Con motivo da homenaxe que este ano se lle brindou a Luís Seoane  co Día das Artes Galegas, os alumnos de 4º da ESO elaboraron unha exposición investigando nas súas distintas facetas artísticas. O que non esperabamos era atoparnos cunha historia de solidariedade entre o artista e un sacerdote que ademais, de maneira indirecta, ten que ver co noso centro. O texto que segue, que formaba parte da exposición,  conta esa historia.

O CRISTO OBREIRO

Estamos ante unha das obras máis emblemáticas do seu autor, non só porque se trata dun magnífico exemplo da súa última época, senón porque ademais é unha obra ateigada de historia e significado. A historia está ligada á dun sacerdote: Manuel Espiña.

Espiña nacera en Folgoso (Cerdedo), nas mesmas fragas que viron medrar a un neno cun compromiso inesquecible para o país: o Padre Sarmiento. Estudou no Seminario de San Martiño Pinario en Santiago, e na Universidade de Comillas (Santander). Cursou despois humanidades e as carreiras de Filosofía e Teoloxía. Alí ordenouse sacerdote en 1959. O seu primeiro destino foi como vicario parroquial en Santa María do Azougue (Betanzos) e despois exerceu de director espiritual no Seminario Menor de Belvís, en Santiago. Alí conseguiu erradicar os castigos aos seminaristas que falaban galego.

Do que máis orgulloso estaba Espiña era do seu compromiso coa lingua e, dos 32 anos de profesor universitario, desde 1965, todos impartidos en galego. Débenselle a el as primeiras traducións ao galego dos Evanxeos e do misal e numerosas publicacións en defensa da lingua e da cultura do noso pobo. Nos anos setenta presidiu as Xornadas Patrióticas Galegas na Arxentina e no Uruguai e funda na Coruña a comunidade de base “Home Novo”. Foi membro do Consello de Redacción da revista Encrucillada durante 30 anos, e colaborador de Irimia e das Romaxes de Crentes Galegos.

Durante anos oficiou a Misa en Galego, radiada desde o Convento das Capuchinas da Coruña, seguida por moita xente non só pola lingua senón polo ton crítico das homilías de Espiña. Unha delas custoulle unha multa de 200.000 pesetas daquel tempo. Funcionou a solidariedade. Luis Seoane regaloulle a pintura “Cristo obreiro” para que a vendese e puidese pagar a multa. Non foi necesario, centos de amigos reuniron os cartos e a obra foi depositada na Fundación Luís Seoane da Coruña.