Día de ROSALÍA

Como sabedes, estes días celebramos a data do nacemento de Rosalía de Castro. Son moitos os eventos, actos, concertos, lecturas públicas, etc. que se levan adiante para recordar á nosa poeta universal. O Concello da Estrada realizou un video ben chulo, aquí volo deixo. Trátase dun audiovisual feito sobre a base dun poema de Rosalía musicado pola artista Guadi Galego, quen recibiu recentemente o “Premio a la Promoción de la Realidad Plurilingüe del Estado”… parabéns Guadi!

Deixa unha resposta