Onte comezou a Semana Cultural e tivemos a sorte de contar coa presenza do escritor Xosé Neira Cruz, o “padriño” do concurso búscase xente lendo do curso pasado. Desta volta, veunos falar dun tema sobre o que versa a súa tese doutoral: A viaxe de Cosme III de Médici a Galicia. Un verdadeiro luxo.
Como podedes ver, tamén escribiu un libriño para nenos no que narra a dita viaxe.