Adeus, José Luis Cuerda

O director de cine José Luis Cuerda faleceu onte. Desde aquí agradecémoslle as fermosas adaptacións de obras literarias ao cine, entre elas varias de autores galegos:  A lingua das bolboretas (de Manuel Rivas), El bosque animado (de Wenceslao Fernández Flórez) ou Todo é silencio (de Manuel Rivas)…

Foi ademais un cineasta con sensibilidade coa nosa cultura e fascinación pola nosa terra. Tanto é así que no 2002 fundou a adega San Clodio na Ribeira Sacra, lugar onde pasaba longas tempadas.

Deixa unha resposta