O pintor do sombreiro de malvas

O pintor do sombreiro de malvas é un libro do escritor Marcos Calveiro. Trata dun adolescente que o mandan a Auvers un pobo onde vive a sua tía Jojo, e ali é onde coñece a Vicent (un pintor famoso que existe na vida real) e tamén conta de que a sua tía non gustalle o doutor Gachete e tamén su posible relación amorosa con Adeline una rapaza que traballa en un bar.

O personaxe de Vicent é o pintor Van Gogh

Interpretamos a Rosalía

Como anunciabamos hai uns días, con motivo do día de Rosalía de Castro os alumnos de 2º e 3º da ESO estiveron lendo e analizando a poesía da autora. A cada un asignóuselle un texto diferente, do que fixeron, mediante imaxes, a súa propia interpretación e actualización. Puidemos comprobar  a vixencia de moitos dos temas tratados por Rosalía nos seus poemas: a soidade, a vanidade, a inxustiza, a emigración…

Os traballos están expostos nos corredores do nosos centro, aquí podedes ver o resultado.

Día da Ilustración 2021: Lolita Díaz Valiño

Este sábado 30 de xaneiro celebrouse o Día da Ilustración, que como é habitual coincide co aniversario do nacemento de Castelao. Dende hai anos o evento, organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) e a Consellería de Cultura, homenaxea a un ilustrador histórico galego para recordar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural. Nesta ocasión a escollida foi Lolita Díaz Baliño, pintora e profesora que se converteu na primeira muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes.

No seguinte enlace do xornal dixital praza podedes desfrutar dunha serie de ilustracións da autora: https://praza.gal/ducias/ilustracions-ao-redor-de-lolita-diaz-balino

Libros para a paz

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz para promover a educación na tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.

Desde Xente Lendo estamos plenamente convencidos do potencial da lectura para crear cidadáns críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas. Por iso vos facemos algunhas propostas de lectura interesantes a través do seguinte enlace, botádelle un ollo!

Especial Día da Paz

 

O combate contra a pandemia desde Galicia. O exemplo de Ángel Carracedo

Seguir o rastro dos personaxes de Os nenos da varíola levounos a descubrir, a través de varios artigos de prensa, que en Galicia se están levando a cabo estudos moi importantes sobre a COVID.  Por exemplo:

O grupo de Medicina Xenómica, que dirixe o catedrático Ángel Carracedo desde Santiago de Compostela, coordinará desde Galicia unha das meirandes investigacións que se realizará no mundo para abordar a evolución da Covid-19 nos pacientes desde o punto de vista xenético.    Intervirán investigadores de Santiago de Compostela, Vigo, Lugo, Santander, Madrid, Bilbao, Valladolid, A Coruña, Segovia, Granada, Barcelona, León, Soria, Burgos, Sevilla, Lleida e Tenerife, así como de varios países de Latinoamérica e Europa como Arxentina, Uruguai, Brasil, México, Colombia ou Reino Unido. ( información extraída de: gciencia.com)

Angel Carracedo é un importante científico galego nacido en Santa  Comba. Catedrático de Medicina Legal desde 1989 e Director do Instituto de Medicina Legal da USC (desde 1994 ata 2012). Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) (desde 1999), Director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII (desde 2002).  Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.

Ademais, Carracedo é un firme defensor da lingua galega e da necesidade de empregala en todos os ámbitos, incluídos o científico. Neste video cóntanos a súa visión:

O personaxe do Doutor Balmis (Os nenos da varíola)

Despois de ler Os nenos da varíola  e ver a importancia que tivo o Doutor Balmis para o avance da medicina, investiguei ao respecto e dinme conta de que o Doutor Balmis aínda está presente na actualidade:

Premio Balmis. Foi creado no 2009 pola Asociación de Pediatría para premiar a médicos e profesionais dos medios de comunicación para fomentar a difusión e investigación en vacinas.

Operación Balmis. Así se denominou a operación levada a cabo polas Forzas Armadas para controlar na medida do posible a Covid-19, despregando máis de 2.500 efectivos polo país para controlar a corentena.

Estatua. O Doutor Balmis ten un recoñecemento na Facultade de Medicina en San Juan en Alicante debido á  seu  importante labor na expedicion da varíola.

Instituto Balmis de Vacinas. Este instituto está dedicado á formación, investigación e cooperación internacional en relación coas vacinas e inmunizacións.

Rotary Club Alicante, Fundación Doutor Balmis. Creouse para difundir a este gran personaxe tan importante na historia da medicina mundial. Moi coñecido en países hispanoamericanos pero pouco coñecido ás veces na súa terra natal.

Jacobo Baña

O personaxe de I. Zendal na actualidade científica

Seguindo co personaxe de Isabel Zendal, descubrimos que tamén dá nome a unha empresa farmacéutica, situada no Porriño, de actualidade por ter sido escollida pola farmacéutica norteamericana Novavax para fabricar a vacina contra a COVID para toda Europa.

Descubrimos deste xeito algo que descoñeciamos: que esta empresa galega é a única empresa de España que fabrica vacinas, tanto médicas coma veterinarias. Na imaxe vemos ao ministro de  sanidade visitando a empresa no Porriño.

O personaxe de Isabel Zendal (Os nenos da varíola)

En 1950 a Organización Mundial da Saúde recoñeceu a Isabel Zendal como a primeira enfermeira da historia en misión internacional. Nacida en Ordes en 1773, en 1803 participou na Real Expedición Filantrópica da vacina.

Mostra da importancia desta muller é que nos últimos meses escoitamos moito o seu nome. Un exemplo: o novo hospital construído en Madrid  especializado en pandemias.

Así mesmo, levan o seu nome:

  • premios Isabel Zendal de enfermería 
  • premios Isabel Zendal ao pensamento crítico
  •  Cátedra de Divulgación Científica Isabel Zendal creada na Universidade da Coruña.