É un discurso autorreferencial que se manifesta de varias maneiras. Nalgúns casos, o autor interrompe o argumento ou métese dentro del para aclarar algo, emitir xuízos sobre a propia obra e a súa preparación, tratar temas relacionados co xénero e as técnicas narrativas ou falar de literatura en
xeral.
Un exemplo, así falaba da súa escrita nunha entrevista:
“A poesía debe indagar e cuestionar a orde das cousas, senón para que é, se a poesía o que vai servir é para dulcificar o que xa está ou para cantar as posibles excelencias do que xa está non sirve para nada.”




Como diciamos no artigo anterior, unha das características da poesía dos anos 80 e 90 foi a abundancia de recitais, en moitos casos acompañados de poesía, nun intento de sacar a poesía da solemnidade á que a asociamos habitualmente.


