Ás de mosca para Anxo

Ás de mosca para Anxo é un libro moi aventureiro  e moi divertido. O persoaxe principal era Estrela Canedo é unha rapaza moi especial, pola súa inxenuidade, pola súa inocencia e, sobre todo, polo seu gran corazón.¿Chegará alg

 

ún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos m

áis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e… a todo o mundo que o máis important

e é ter un gran corazón.Estrela ten unha forma moi  diferente de ver as cousas que os demáis,e moi faladora e sociable.Unha vez foron ao parque de excursión é  rescataron a un paxaro  q estaba co a á rota e non podia voar entón gracias a Estrela rescataron ao paxaro.

O pintor do sombreiro de malvas. Marcos Calveiro

Alí nunca pasa nada… ata que un día topa cun misterioso pintor que levaba un sombreiro cuberto de malvas. O protagonista vivirá con el bos e malos días, entendendo un pouco máis o peculiar carácter do artista, tan diferente da xente convencional que o rodea. Outra das peculiaridades desta novela é que, aínda que está narrada en primeira persoa, en ningún momento se menciona o nome do protagonista. Ademais, a inserción, cada poucas páxinas, de reproducións dalgunhas das obras do gran pintor(V

incent Van Gogh), citadas na novela, son un engadido para gozala aínda máis se cabe.

A min gustoume moito, é moi entretido e divertido. Se queres ler un libro recoméndoche este, hai persoaxes moi interesantes. O meu persoaxe favorito é Vicent. Tamén se fixeron varias peliculas sobre él: Unha no 1956 protagonizada por Kirk Douglas e outra do 2019, como protagonista Willem Dafoe

Os nenos da Variola

Os nenos da Varíola é un libro que trata sobre uns feitos reales en 1803, uns nenos que foron elixidos para levar a vacina da varíola ás Américas. Neste libro preséntannos persoaxes que viviron realmente esta situación, como Isabel Zendal e o doutor Francisco Javier Balmis.

Foi unha persoa moi importante. Nacida en Ordes (A Coruña), foi a enfermeira dos cativos que levaban a vacina ás Américas, polo que a OMS (Organización Mundial da Saúde) nomeouna a 1ª Enfermeira en misión internacional. Na actualidade, dada a importancia que a súa figura segue tendo, hai un Hospital en Madrid co seu nome, no que se vacina a xente de COVID-19, tamén temos un grupo farmacéutico en Porriño co seu apelido, Zendal.

A compañía teatral Pérez&Fernández fixo a adaptación teatral da obra de María Solar

 

A Arte de Trobar, Santiago Lopo

A novela A Arte de Trobar ten unha gran relación coa literatura que estamos vendo na asignatura de Lingua e literatura galega neste trimestre. Esta relación é tan grande porque o libro expresa unha época na que Galicia e Occitania estaban moi relacionadas, porque en Galicia se crearon as cantigas de amigo e as cantigas de escarnio e maldicir, e na Occitania creáronse as cantigas de amor, e pola peregrinacion que se facía polo Camiño de Santiago francés ata aquí.

 

Leonardo e os biosbardos

O outro día os alumnos de 1º e 2ª da ESO fomos ver a obra de títeres: Leonardo e os biosbardos.

Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria fará por superar as probas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte da mesma.

A min pareceume xenial, é unha maneira de aprender a non meterse cos demais e enfrentarse a os abusóns. Na clase recordamos esta canción

Arredor da inmigración V. Mediterráneo

Estes días estreouse a película Mediterráneo, baseada na historia de Open Arms, unha ONG que se encarga de axudar aos máis vulnerables, protexen a vida de persoas abandoadas en augas internacionais, que inclúen problemas belicos, persecución ou pobreza.

Un dos seus actores protagonistas, Dani Rovira di o seguinte: “El Mediterráneo se ha convertido en una de las mayores fosas comunes de la historia reciente. Espero que la película ayude a cimbrear los cimientos de la sociedad sobre esto. Hay que entretener, pero también ayudar a que se cuestionen muchas cosas”.

Arredor da inmigración. A Cruz de Lampedusa

En outubro do 2013, 500 inmigrantes fuxían a Europa nunha patera que se afundiu fronte da costa Italiana de Lampedusa. Morreron 360 persoas e sobreviviron 155. Esta causa conmoveu á sociedade italiana e convocou o día de loito nacional recordando e honrando aos falecidos facendo unha cruz coa madeira do naufraxio. En Abril de 2014 a fundación italiana Casa del Espírito Santo e as Artes de Milán amosoulle a cruz ao Papa Francisco. Este bendeciuna e pediulles que se encargasen de que a cruz recorrese todo o mundo. A semana pasada tivemos a honra de tela no noso centro e poder reflexionar sobre o que significa.

Arredor da inmigración IV. WARSAN SHIRE- HOME

Warsan Shire naceu o 1 de agosto de 1988 en Kenya. Cando tiña un ano emigrou a Reino Unido ca súa familia. Estudou Artes en Escritura Creativa.

En 2011, publicou Teaching My Mother How To Give Birth , unha das súas poesías reivindicativas., que foi publicada na súa colección completa en 2016.

A súa poesía resultou tan impactante que foi traducida a diversas linguas : italiano, portugués, español, sueco, danés e estoniano. Estes poemas tiveron tanto interese xa que escribe sobre e para as persoas que non teñen voz pública, por exemplo, emigrantes e refuxiadas. Emprega as influencias da súa familia para describir as esperiencias que tiveron que enfrontar.

Agora imos amosarvos un fragmento dun dos seus poemas revolucionarios, neste caso HOME, traducido ao galego.

HOME / FOGAR. Warsan Shire

https://www.youtube.com/watch?v=ybTM-aaJxS0

Ninguén deixa o seu fogar a menos

que o seu fogar sexa a boca do lobo

só corres cara á fronteira

cando ves ao resto da cidade correndo tamén

Os teus veciños corren máis rápido ca ti

co alento sanguento nas súas gargantas

o rapaz co que foches á escola

o que te bicou trala vella fábrica de lata

suxeita agora unha arma máis grande ca el

só deixas o teu fogar

cando o teu fogar xa non te deixa estar.

 

Ninguén deixa o seu fogar se o seu fogar non o bota

con lume baixo os pés

sangue quente no ventre

non é algo que tiveses pensado facer

ata que o coitelo ardente non ameazou o teu pescozo

e aínda entón levaches o himno no teu alento

pero romper o teu pasaporte no baño dun aeroporto

saloucando por cada pedazo de papel

deixouche claro que non volverías atrás.

 

CARLA Giraut e AINHOA Barral

Arredor da inmigración III. Premio Nobel de literatura 2021

Abdulrazak Gurnah orixinario de Zanzibar, arquipélago africano, otorgáronlle o premio nobel da literatura o xoves 7 de outubro do 2021.

Este premio nobel foi outorgado por primeira vez a un escritor de orixe africana. Residente no Reino Unido, chegou como refuxiado en 1968 (pola persecución que sufrían no seu país as persoas, coma el, de orixe árabe).

O Xurado dixo que lle concedía o premio pola súa “penetración intransixente e compasiva nos efectos do colonialismo e o destino do refuxiado no abismo entre culturas e continentes”

Mateo Sánchez Gianzo

Pablo Barreiro Trías

Ao redor da inmigración II

Celso Emilio Ferreiro publicou no 1962 unha obra que denunciaba a situación dos emigrantes forzados a emigrar, por motivos alleos a súa vontade.

O poema fala sobre a xente que podes encontrar no camiño, que aínda sexan de diferentes razas todos pasan polo mesmo, e poden encontrar xente coa que teñan cousas en común.

Irmáus
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.

Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e tí negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.

Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.

Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.

Longa noite de pedra 1962.