Arredor da inmigración IV. WARSAN SHIRE- HOME

Warsan Shire naceu o 1 de agosto de 1988 en Kenya. Cando tiña un ano emigrou a Reino Unido ca súa familia. Estudou Artes en Escritura Creativa.

En 2011, publicou Teaching My Mother How To Give Birth , unha das súas poesías reivindicativas., que foi publicada na súa colección completa en 2016.

A súa poesía resultou tan impactante que foi traducida a diversas linguas : italiano, portugués, español, sueco, danés e estoniano. Estes poemas tiveron tanto interese xa que escribe sobre e para as persoas que non teñen voz pública, por exemplo, emigrantes e refuxiadas. Emprega as influencias da súa familia para describir as esperiencias que tiveron que enfrontar.

Agora imos amosarvos un fragmento dun dos seus poemas revolucionarios, neste caso HOME, traducido ao galego.

HOME / FOGAR. Warsan Shire

https://www.youtube.com/watch?v=ybTM-aaJxS0

Ninguén deixa o seu fogar a menos

que o seu fogar sexa a boca do lobo

só corres cara á fronteira

cando ves ao resto da cidade correndo tamén

Os teus veciños corren máis rápido ca ti

co alento sanguento nas súas gargantas

o rapaz co que foches á escola

o que te bicou trala vella fábrica de lata

suxeita agora unha arma máis grande ca el

só deixas o teu fogar

cando o teu fogar xa non te deixa estar.

 

Ninguén deixa o seu fogar se o seu fogar non o bota

con lume baixo os pés

sangue quente no ventre

non é algo que tiveses pensado facer

ata que o coitelo ardente non ameazou o teu pescozo

e aínda entón levaches o himno no teu alento

pero romper o teu pasaporte no baño dun aeroporto

saloucando por cada pedazo de papel

deixouche claro que non volverías atrás.

 

CARLA Giraut e AINHOA Barral

Deixa unha resposta